Orzán

Etiquetas:
14/06/2023

Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do torneo de fútbol sala base “Memorial Rodrigo Maseda Lozano”, que reunirá na Mariña equipos de base de todo o Estado en memoria do policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros - José Antonio Villamor e Javier López-.

O torneo disputarase do 23 ao 27 de xuño en Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove (Pavillón Municipal), Viveiro  (Pavillón Municipal) e Foz (Torques de Marzán), unha sede compartida que procura extender pola comarca o espectáculo deportivo e o dinamismo social e económico deste tipo de citas, así como a lembranza de Rodrigo Maseda Lozano.

A Fundación Indecum, que organiza o evento co apoio económico da Vicepresidencia da...

leer más
Etiquetas:
10/06/2022

Presentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do torneo de fútbol sala base “Heroes do Orzán”, que reunirá na Mariña equipos de base de todo o Estado en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros.

Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano, participou no acto de presentación,  xunto ao deputado de Deportes, Efrén Castro, o presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna,  o director do torneo, Alfonso Mera, e o Comisario Principal José Esteban Corral. Tamén asistiron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o tenente alcalde de Viveiro, Suso Fernández, e o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez.

O torneo, que volve despois de dous anos, disputarase do 24 ao 28 de xuño en Burela (...

leer más
Etiquetas:
31/05/2022

Volve o Torneo de Fútbol Sala Base HEROES DO ORZÁN, en memoria dos tres policías que perderon a vida ao intentar rescatar a un mozo eslovaco na praia coruñesa do Orzán en 2012.  Esta nova edición terá lugar os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2022.

Despois de estes dous anos dende a edición anterior , sen ter lugar por motivo de pandemia, estamos en organización dun evento clave na nosa comarca que reúne a tantos clubes e institucións. Desde a Fundación, estamos esperando que chegue o día da celebración do torneo, unha actividade que xa é unha costume interiorizada na nosa rexión. Desde logo, volver a retomar esta tradición neste ano, vai provocar o dobre de emoción como consecuencia da inactividade.

O torneo desenvolverase nos 6 pavillóns dos Concellos de Burela, Foz, Xove, Cervo e Viveiro. Contará con...

leer más
Etiquetas:
28/12/2020

A Fundación Imdecum despedirá 2020 cun cartel de luxo para o Memorial Heroes do Orzán 2020. Baixo o lema da base á elite, un seminario web reunirá o vindeiro martes, 29 de decembro, ás 16.15 horas, a 10 xogadores de Primeira e Segunda División de Fútbol Sala que disfrutaron do torneo mariñán nas categorías de base.

Podes inscribirte xa, a través de Zoom, LIGAZÓN

A Primeira División estará representada por Renato Lopes, Nito e Pitero, do Pescados Rubén Burela FS, Hélder, do Parrulo Ferrol FS, Raúl Jiménez, de Levante UD FS, J. Mínguez, de Aspil Jumpers Ribera Navarra, e Alvarito, de Besoccer CD UMA Antequera. Chicho e Guille, de Leganés FS, e Manu Cebrián, de Soliss Fútbol Sala Talavera, falarán da súa experiencia en Segunda.  

A cita, que contará co xornalista deportivo Iván Díaz Rolle...

leer más
Etiquetas:
13/06/2018

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez; o Concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e o Presidente da Fundación INDECUM,Marcelino Luna Almarza, presentaron no Pazo de San Marcos o VII Memorial Heroes do Orzanno que participarán máis de 100 equipos, formados por 1.200 nenas e nenos, durante dúas fines de semana do mes de xuño.No acto tamén participaron familiares de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías aos que rende homenaxe este torneo.

A competición desenvolverase entre os días 14 e 17 de xuño na Coruña, coa participación de 30 equipos da zona, e entre o 27 e o 1 de xullo na Mariña Lucense. Nesta segunda fase, reuniranse máis de 70 equipos das categorías prebenxamín,...

leer más