A Mariña
Esta fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.
Esta cuarta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 23 de novembro, en Barreiros. O restaurante A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24, o sábado, Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do...
leer másDo 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros.
Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar...
leer másOllo así se denomina a campaña de concienciación que a Federación de Comercio A Mariña levará a cabo na xornada de mañá, venres. Os establecementos asociados apagarán as luces dos seus negocios e escaparates entre as oito da tarde e as doce da noite para sensibilizar á poboación sobre a importancia que o comercio local ten para as vilas mariñáns. A campaña foi presentada este mediodía no Cenima, en Foz. Alí interviñeron o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, o alcalde focense, Javier Castiñeira, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o responsable da Área de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
José Carlos Paleo, o presidente da FCAM, dixo: “queremos, dadas as circunstancias que está vivindo o pequeno comercio, facer...
leer másEsta fin de semana, os días 16 e 17 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, Foz e Ribadeo.
Esta terceira fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue mañá, 16 de novembro, co Mago Teto que deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mis en Plas, de Burela; e Kiko e Joge estarán no Rincón do Mis, en Foz. E o sábado, día 17, o Mago Teto estará en Ribadeo no hotel restaurante O Cabazo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A...
leer másEsta fin de semana, os días 9 e 10 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, Ourol e A Pontenova.
O 9 de novembro o sétimo Mes da Maxia chegará ao restaurante Buenavista, en San Cibrao, co Mago Kiko; e á Marquesa, tamén en Burela, co Mago Rafa. E o 10 de novembro será a quenda para A Garita, en Ourol, que contará con Kiko e Paredes; e para Casa do Fidalgo, en A Pontenova, onde actuará o Mago Pi.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipaios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas...
leer másA Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza a sétima edición do Mes da Maxia que se celebrará do 2 de novembro ao 1 de decembro. O evento, no que participan 19 establecementos hostaleiros da comarca, foi presentado esta tarde no Cenima, en Foz, con asistencia do presidente desta entidade, Alfredo Llano, do director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña, do Mago Rafa, e do alcalde de Foz, Javier Castiñeira. Xunto a eles estiveron representantes da Asociación de Magos da Mariña.
Alfredo Llano fixo fincapé en que o obxectivo do Mes da Maxia pasa por desestacionalizar o turismo no mes de novembro: “nosoutros queremos un turismo fluído durante todo ano, que veñan en xaneiro, en febreiro, en marzo, … porque nos meses de xullo e agosto xa enchemos. Este ano de todas as zonas de Galicia A Mariña foi na que máis se incrementou o...
leer másA Federación de Comercio A Mariña, coa colaboración da Xunta, promociona en todo o estado a realización de rutas turísticas pola comarca. A iniciativa foi presentada este mediodía a carón do Cenima, en Foz. Ao acto asistiron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o alcalde focense, Javier Castiñeira, o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, e o xornalista Pedro Madera, que realiza reportaxes para Marca Motor e para outras publicacións de ámbito nacional.
Paleo explicou que “o obxectivo é dar a coñecer todo o que temos aquí como a paisaxe, a gastronomía, os monumentos, as praias, as lonxas, os portos, os sendeiros, o comercio, a hostalería… toda unha ampla oferta para que quen nos visite en calquera época do ano saiba con qué se vai atopar”.
Marca Motor dará a coñecer aos seus lectores no mes de...
leer másA Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza a sétima edición do Mes da Maxia que se celebrará do 2 de novembro ao 1 de decembro. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, subliña que “o obxectivo é mover á xente nun mes que tradicionalmente non é moi turístico nesta zona”.
Llano anunciou que “imos facer unha presentación oficial, como máis tarde o día 30 de outubro, do Mes da Maxia. Imos tratar de que estean todos os magos aquí para facer este acto e xa diremos onde”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña salientou que “o obxectivo é motivar á xente a saír ese mes de novembro polos diferentes establecementos hostaleiros onde vai haber actuacións máxicas. Os magos van tratar de levar da mellor maneira posible unha cea extraordinaria cunha actuación artística que sempre tivo moi bo resultado...
leer másEste sábado, 20 de outubro, terá lugar en Foz o quinto sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá celébrase o sorteo en Foz. Será na carpa instalada na praza do Concello a partir das 20:30 horas.
Os seguintes sorteos serán o 27 en Lourenzá, o 3 de novembro en Xove e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de...
leer másDo 2 de novembro ao 1 de decembro terá lugar a sétima edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense, que organiza a Mancomunidade en colaboración coa Xunta de Galicia. A cita chegará a 19 locais hostaleiros de toda a comarca.
Desde a Mancomunidade manifestan que “como cada ano, desde hai xa 7 edicións, celebramos o Mes da Maxia. Durante as fins de semana de novembro e a primeira de decembro estarán repartidos por diversos establecementos varios magos profesionais que farán que as ceas nestes locais sexan inesquecibles. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite”. Nesta edición participarán os Magos Jorge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi.
Os locais que acollerán as actuacións do sétimo Mes da Maxia son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis...
leer más