A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu unha reunión de traballo cos alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que discorrerá a “La Vuelta Ciclista a España”
A décimo segunda etapa desta prestixiosa cita deportiva chegará á nosa comarca o vindeiro xoves, 6 de setembro, con punto de partida en Mondoñedo e final no faro de Estaca de Bares. Antes percorrerá os termos municipais de Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo (San Cibrao), Xove, Viveiro, e xa na provincia da Coruña os municipios de Ortigueira e Ortigueira. En total 179 Km
Desde a administración autonómica aproveitaron para convidar ao conxunto da veciñanza a arroupar aos deportistas participantes nesta volta ciclista ao seu paso polas distintas localidades e lembraron que na web de https://www.lavuelta.es/es/etapa-12 poden obter máis información, incluídos itinerarios e horario.