A Mariña

08/02/2015
Propostas diversas para San Valentín e para o Entroido
 
Achéganse o Entroido e San Valentín con cheas de propostas para @s que vivimos nesta comarca e para @s que queiran visitarnos ao longo dos vindeiros días. 
Temos de todo na Mariña luguesa: ceas de comadres, desfiles en cada recuncho desta terra e miles de euros en premios para os que se decidan a sorprendernos coas súas caracterizacións ben sexan individuais, en parella, en grupo ou en carrozas. Seguro que haberá moitas alusións á actualidade dos últimos tempos: ao pequeno Nicolás, a Podemos, a Bankia, ás vindeiras candidaturas electorais… Estamos en Entroido e toda crítica e sátira feita con graza e sen faltarlle ao respecto ninguén vale. O que deben facer aqueles persoeiros locais e comarcais que se poidan ver reflectidos nas moitas parodias que nos agardan é dixerir a...
leer más