Sorteos
En Radio Foz celebráronse esta mañá os sorteos do Día do Pai e das Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz.
No sorteo do Día do Pai 20 persoas recibirán vales de compra por importe de 50 euros, cada un, para consumir ao longo das vindeiras semanas no comercio asociado a AciaFozCCA. Os números afortunados e os locais nos que se repartiron foron os seguintes: 20519 en Kukadas, 17380 en Amarena, 15566 en Din y Don, 13662 en Tien 21, 20667 en Amarena, 20352 en Amarena, 17863 en Decoraciones Pura, 19880 en Xoyma, 18130 en Nº1, 15128 en Casa Moreda, 19422 en Panificadora Eo, 18206 en Ginzo Hombre-Mujer, 15683 en Fauna, 15311 en Lencería Esther, 15421 en Unique 2, 13115 en Carmen León, 21749 en Suministros Veipa, 19388 en Panificadora Eo, 16134 en Ofifoz y 20183 en Amarena.
Desde AciaFozCCA indican que “as persoas que teñan...
leer másA Concellería de Servizos Sociais continúa coa campaña de concienciación social por mor do Covid-19. Garda os teus contactos foi presentada esta mañá polo equipo de goberno burelés nas escaleiras da Casa do Concello. Haberá sorteos, a través das redes sociais, e premios para os mellores comportamentos.
Carmela López explica que “nesta ocasión, un equipo de veciños e veciñas de Burela entre os que se atopan sanitarios, veterinarios, deportistas, traballadores municipais, psicólogos, influencers locais e membros de Corpos de Seguridade e do equipo de goberno municipal será o encargado de revisar mans limpas, o bo uso da máscara, a distancia de seguridade… e premiar o bo comportamento dos cidadáns en diferentes zonas e espazos da vila”.
A edil burelesa subliña que “ademais, promoveranse encontros telemáticos con...
leer másA campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Covas mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Beiras de Viveiro.
Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 109.568, que foi repartido en vinoteca Akitania; e con 100 euros cada un foron premiados o 117.613 en Covirán, o 109.735 en Akitania, o 106.962 en Galipizza, o 109.613 en Akitania e o 119.643 en Peixería Grallal. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para consumir os seus premios”.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.
A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.
Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.
O 5 de decembro comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro. Desde a asociación explican que por cuarto ano consecutivo seguimos apostando pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis navideño posible e que luzan espectaculares.
As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque polos nenos dos colexios da zoa, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano e que este ano amplíase uns metros máis.
Este ano, como novidade, instalaremos na...
leer másEste sábado, día 29, chega a Covas a campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá terá lugar o segundo sorteo desta campaña. Será en Covas a partires das 20:30 horas no Parquemar. No mes de outubro as cistas serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos seguirán en Xove o 3 de novembro e rematará o 10 de novembro en O Vicedo.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e...
leer másA Federación de Comercio A Mariña sorteará máis de 10.000 euros en premios na campaña de promoción do comercio local, que levará a cabo do 16 de setembro ao 3 de novembro.
A FCAM realizará un total de sete sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá e Xove. Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. Este primeiro sorteo será o 22 de setembro.
O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. A campaña rematará en Xove o 3 de novembro.
As persoas interesadas en participar deberán gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de...
leer másO Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca e Gaña polo Nadal. Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os establecementos da Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500 persoas, e que participan nesta campaña.
Santos Ramos destacou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido á importancia do comercio na economía lucense. Na provincia, hai uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de traballo. Son 700 os comercios da Mariña que se sumaron a esta iniciativa. Animo a todos os mariñáns a participar...
leer más