O 18 de novembro haberá un magosto organizado pola asociación do Burgo de Trasbar, en Cervo.

A asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza unha nova edición do magosto para este sábado, 18 de novembro.

Os actos terán lugar no local social e comezarán ás 19:00 horas cunha representación teatral a cargo do grupo Batán de Foz. A entrada será libre.

De seguido os asistentes poderán degustar castañas ao prezo de 1 euro a ración, e bocata de panceta por 1´5€ para os socios e 2´5€ para os non socios.

Dende a asociación de veciños do Burgo de Trabar animan a toda a xente a participar neste magosto.