Gaita
A case nada da entrada oficial do outono, e coa actividade escolar xa asentada, a Sociedade Cultural Ledicia retoma tamén o ritmo habitual da escola de baile e música tradicional.
As clases de gaita e percusión comezarán a primeiros de outubro; as persoas interesadas en participar en calquera das modalidades (baile, canto, pandereta, percusión e/ ou gaita) poden contactar con Ledicia a través do mail lediciascr@gmail.com ou nos seguintes teléfonos 696 22 33 04 (Idara) 666955578 (Sonnia) ou 667502767 (Sofia)
Tamén no mes de outubro agardan reiniciar os cursos de bordado e encaixe de bolillos, para o que as persoas interesadas poden informarse no 616995097 (Rocío)
Desde Ledicia subliñan: “comezamos esta nova etapa con ánimos renovados e coa...
leer másEste sábado, 11 de maio, ás oito da tarde terá lugar un concerto da banda de gaitas Sons da Chaira. Será na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e enmárcase nos actos do XXV aniversario da EMMeD.
Esta xove banda de gaitas fundada no ano 2014, está dirixida por Brais Monxardín e Miguel Anxo López "Chino", e fórmana uns 35 compoñentes pertencentes ás Escolas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.
Pese á súa curta vida, participou nos anos 2016 e 2017 no Festival de Ortigueira así como en actuacións en numerosas cidades do país. No ano 2018 foi seleccionada para representar a Galicia no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient (Francia), onde acadou unhas inmellorables críticas pola súa calidade musical.
O repertorio de Sons da Chaira baséase na interpretación,...
leer másA asociación cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado, 11 de novembro, un magosto popular na praza do Concello.
Desde as 19:00 horas poderán degustarse castañas asadas con viño, e chocolate para os máis pequenos, de maneira totalmente gratuíta.
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo colaborará neste magosto e animará a tardiña acompañando coa súa música tradicional toda a actividade. Ademais haberá carpa para poder disfrutar desta festa.
A asociación Amigos da Gaita Galega, en colaboración co Concello de Ribadeo, organizan o Día da Gaita-Xira de Santa Cruz. Os actos terá lugar o sábado 5 e o domingo 6 de agosto.
Esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, comezará o sábado ás 19:30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita. Ás 20:00 horas, no Cine Teatro, terá lugar o pregón que correrá a cargo de Pablo Rodríguez “Vivín”, e deseguido actuarán as Escolas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto no parque de San Francisco que ofrecerá Tanxugueiras Quinteto.
O programa continuará o domingo, día 6, cun pasarrúas, a partires das 11:00 horas, a cargo de Quenindiole, Proxecto Xarope e Axóuxere de Roupar. Ás 12:00 horas terá lugar unha actuación das Escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno, e a continuación a subida a Santa Cruz...
leer más