Lourenzá
En plena temporada estival o 26 de agosto durante toda a mañá sucederanse carreiras que enmarcan a todas as categorías (dende pitufos ata veteráns) para que todo o mundo poda participar e disfrutar
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscriban antes do 23 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, bolsa de avituallamento individual, cronometraxe control de meta por championchipnorte, cronómetro xigante en meta, vídeo chegada en línea de meta, servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual...
leer másA biblioteca municipal de Lourenzá programa actividades para o público infantil os mércores 30 de maio, 6 e 27 de xuño.
O vindeiro mércores, día 30 deste mes, ás seis da tarde no salón de actos do Concello haberá un espectáculo de contacontos baseado en relatos de María Victoria Moreno a cargo de Charo Pita. Ao remate entregaranse os premios dos concurso de narración e debuxo Letras Galegas 2018.
O día 6 de xuño, que tamén é mércores, ás seis da tarde no salón de actos municipal terá lugar un espectáculo de maxia con Pedro Bugarín.
E o mércores 27 de xuño ás seis da tarde na biblioteca municipal haberá un obradoiro titulado Radiocontada para nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade. As prazas son limitadas para os 15 primeiros que se anoten.
Estas actividades están...
leer másO concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.
Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
O Concello de Lourenzá organiza o vindeiro martes, día 1 de maio, a tradicional Festa do Maio que se celebrará en Vilanova. Haberá premios para o mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e na Praza do Conde Santo ás sete da tarde terá lugar a actuación da Banda de Luis Vallecillo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o próximo martes, día 1 de maio, celebramos un ano máis a tradicional Festa dos Maios de Lourenzá. Ás catro e media da tarde terá lugar a saída da Madalena do Mercado Comarcal Gandeiro para facer un percorrido polas principais rúas da vila chegando ao Cantón. Unha vez rematado o percorrido entregaranse os premios ao mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e tamén os premios do terceiro concurso Unha postal para mamá, organizado pola asociación de comerciantes e autónomos ACIAL de Lourenzá”.
... leer másO Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.
O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.
O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará tres eventos este ano. As actividades, nas que colabora o Concello, foron presentadas nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Rocío López.
Os responsables do club salientan que a rexedora municipal “apoiou a este colectivo desde que iniciou a súa andadura, no ano 2015” e explican que “está integramente dedicado á defensa, conservación e promoción do patrimonio automobilístico. Aparte de recuperar e conservar os vehículos apaixónanos gozalos en distintos eventos, concentracións, exposicións ou rutas, en distintos puntos da Península: Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Zaragoza, etcétera”.
Ademais anunciaron que organizarán “distintos eventos ao longo deste ano: o primeiro terá lugar o día 29 deste mes, Xoves Santo, e será a terceira Reunión de Amigos de...
leer másAs segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.
As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.
O sábado 3 empezarán os actos ás 18:00 horas coa conferencia Lourenzá no Camiño Norte, a cargo de Manuel Díaz Sánchez, estudoso do Camiño de Santiago. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa redonda co título Lourenzá, emigración viva, na que intervirán varios veciños e veciñas do concello que viviron a emigración en diferentes países. Estará...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello organizan o desfile do Domingo de Piñata, que terá lugar o 18 de febreiro.
O cartel deste desfile foi presentado polo presidente da asociación de comerciantes, Javier Huertas Otero, e a tesoureira, Mª Fe de la Barrera, ademais de pola alcaldesa laurentina, Rocío López. Este cartel foi realizado a partir do debuxo gañador do concurso do cartel de entroido de Lourenzá que foi de Sergio García Barrera de 8 anos.
Este ano repartiranse no desfile uns 5.500 euros en premios repartidos nas categorías infantil, que recibirá premios para grupos, parellas e individuais, e adultos con premios para individuais, parellas e grupos de 3 a 10 persoas e de máis de 10 integrantes. Tamén se entregarán premios nas categorías de carrozas, charangas...
leer másA sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.
Este venres, día 12, ás 9:30 horas terá lugar un obradoiro explicativo da mostra dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio público CEIP Juan Rey, de Lourenzá. Neste obradoiro os alumnos realizarán diversas actividades relacionadas todas elas coa educación en igualdade.
Esta actividade está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá.
A cabalgata dos Reis Magos organizada polo Concello de Lourenzá sairá este venres, día 5, ás 17:30 horas desde o centro social da parroquia de San Xurxo para despois percorrer Santo Tomé, Santo Adrao e Vilanova.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “o venres 5 ás 17:30 horas sairá, se o tempo o permite, a Cabalgata de Reis de Lourenzá. Será desde a parroquia de San Xurxo para percorrer Santo Tomé e Santo Adrao e chegar a Vilanova ás 19:30 horas.
Despois de percorrer as rúas da vila os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas na carpa situada na Praza Conde Santo a partir das 20 horas. En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan e non poidan realizar o itinerario previsto estarán á hora indicada na Praza do Conde Santo”.