Lourenzá
A programación de Nadal do Concello de Lourenzá inclúe para esta semana obradoiros de organería e de consumo responsable, un concerto e unha representación de teatro infantil.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “durante toda esta semana continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello de Lourenzá. Ademais dos obradoiros sobre organería e consumo responsable, que se celebrarán o mércores e o xoves respectivamente, o xoves, día 28 de decembro, ás 21 horas no salón de actos do Concello terá lugar o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual. Está actuación está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo. Para rematar as actividades da semana o sábado 30 ás 18 horas o grupo In Bocca al Lupo porá en escena a obra Superlía, un espectáculo para público infantil e familiar”.
Manuel...
leer másO Concello de Lourenzá organiza a visita de Papá Noel e un concerto de Nadal para este fin de semana.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”.
Arango engadiu que “o sábado 23 a partir das 20:00 horas terá lugar na igrexa de Vilanova o Concerto de Nadal a cargo da agrupación Amor Fino. Este grupo é unha confraternidade de músicos profesionais formados academicamente nos mellores conservatorios de Rusia, unidos polo amor á música e á xente. No seu repertorio aparecen obras de clásicos como Häendel, Chopin ou Schubert e pezas...
leer másA programación de Nadal en Lourenzá inclúe un belén instalado na Praza do Conde Santo, unha montaxe de paisaxe polar que está no Quiosco da Música e numerosas actividades.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “en Lourenzá xa se vive o Nadal coa inauguración do alumeado navideño e a colocación dun belén na Praza Conde Santo e dunha montaxe de paisaxe polar no Quiosco da Música do Cantón”.
Manuel Arango tamén deu a coñecer que “as actividades programadas polo Concello para estas festas comezarán o día 22 coa visita de Papá Noel ao Punto de Atención á Infancia (PAI), ao Centro de Día e a chegada ás 18:00 horas á carpa situada na Praza do Concello. O sábado 23 ás 20:00 horas haberá un Concerto de Nadal na Igrexa de Vilanova a cargo do grupo Amor Fino (solistas de San Petesburgo). O mércores 27...
leer másEste próximo fin de semana rematan as representacións que entran a concurso no primeiro Certame de Teatro Concello de Lourenzá.
O sábado, día 25 A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra Sen seu amor. E o domingo 26 pechará o concurso Ollomao, de Barreiros, con Enciclopedia Álvarez. Estas dúas representacións serán no salón de actos do Concello ás 19:30 horas.
A gala de entrega de premios do certame terá lugar o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas e contará coa presenza do actor Cándido Pazó, que escenificará a obra Que comerá o rei?.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “o Concello de Lourenzá sumase á campaña En negro contra as violencias, na que participan este ano 73 concellos galegos e a Deputación Provincial de Lugo. Dende a Concellería de Servizos Sociais e a través da asociación de comerciantes enviouse unha carta a todos os establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios para tinguir de negro o noso concello do 23 ao 26 de novembro, como denuncia e mobilización contra as violencias machistas. Con esta acción invitamos a vestir os escaparates e locais comerciais de negro, así como a roupa de traballo, para transmitir así a mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. O Concello agradece a colaboración da asociación de comerciantes ACIAL, que participa distribuíndo entre todos os comercios o material desta campaña, e tamén a de todos os...
leer másEste fin de semana haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá. Pero nesta ocasión serán venres e sábado.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas.
E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.
Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “será un xurado formado por sete persoas o encargado de valorar a calidade das obras presentadas a concurso, a actuación dos distintos actores e actrices e a mellor montaxe (decorados, luz, son, vestiario, etcétera). O prezo das entradas para cada unha das actuacións será de 3 euros”.
O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa. Inclúe visitas guiadas ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Pazo de Tovar, ao Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa do Muíño do Pereiro e ao Miradoiro da Valiña, ademais de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos típicos desta comarca como a merluza de Celeiro ou o bonito de Burela. Nesta iniciativa participan a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia.
O presidente da Sociedade Cooperativa Terras da Mariña, Jose Cuadrado, explicou na presentación que “o proxecto xurde dunha idea da Cooperativa Terras da Mariña xunto co...
leer másO vindeiro luns, 30 de outubro, terá lugar a presentación da Ruta da faba de Lourenzá, un proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, do Concello de Lourenzá, de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e do Pazo e Forno de Tovar.
O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica.
A Ruta da faba xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San...
leer más