A cabalgata dos Reis Magos organizada polo Concello de Lourenzá sairá este venres, día 5, ás 17:30 horas desde o centro social da parroquia de San Xurxo para despois percorrer Santo Tomé, Santo Adrao e Vilanova.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “o venres 5 ás 17:30 horas sairá, se o tempo o permite, a Cabalgata de Reis de Lourenzá. Será desde a parroquia de San Xurxo para percorrer Santo Tomé e Santo Adrao e chegar a Vilanova ás 19:30 horas.
Despois de percorrer as rúas da vila os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas na carpa situada na Praza Conde Santo a partir das 20 horas. En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan e non poidan realizar o itinerario previsto estarán á hora indicada na Praza do Conde Santo”.