Lourenzá
A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá ven de presentar a programación teatral que levará a cabo ata o mes de decembro. As representacións darán comezo o 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada. Ademais esta programación inclúe a actuación do humorista galego Carlos Blanco o día 29 deste mes.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “na programación teatral de outono do Concello de Lourenzá a primeira representación que imos ter vai ser o sábado día 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada, que porá en escena a obra Comedia bífida. O sábado 22 de setembro a compañía A Peneda, de Monterroso, presentará a obra A cea dos idiotas. Estas dúas representacións pertencen ao programa Buxiganga, da Deputación Provincial, e serán ás oito da tarde no salón de actos do Concello”.
... leer másO Cantón de Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 22, a partir das 13:00 horas unha actividade infantil de contos, debuxos e degustación gratuíta de produtos da marca Clesa. Anunciouno hoxe o Concello de Lourenzá.
A actividade, denominada Clesacontos, correrá a cargo do colectivo Polo correo do vento e está dirixida “ó publico familiar e ós máis pequenos da casa”. Está previsto desenvolvela no Cantón de Vilanova, pero en caso de mal tempo trasladarase ás instalacións do mercado comarcal.
O colectivo Polo correo do vento ofrecerá un espectáculo de “contacontos ilustrados que rematarán coa realización dun obradoiro de debuxo, no que explicarán o ciclo do leite e a importancia da calidade e trazabilidade en todos os produtos de Clesa”. Os obxectivos son “dar a coñecer a importancia da historia da empresa e...
leer másA asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do Día da Asociación Pazo de Tovar- A Cazolga o vindeiro domingo, 5 de agosto.
Ás 9:30 horas xuntaranse os participantes na área recreativa da Cazolga e o percorrido irá dende o Val, pasando pola capitalidade en Santa María, ata rematar na Ponte da Cazolga. A distancia é de 12 quilómetros e o nivel de dificultade baixo.
Ao remate da andaina celebrarase unha comida de confraternidade na área recreativa da Cazolga.
O prezo é 10 euros para os socios e 15€ para os non socios. As inscricións poden facerse por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 619 37 80 29(Lupe) ou 686 77 11 13(Emilio), antes das 14:00 horas do mércores 1 de agosto.
Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a Lourenzá o día 4 de agosto para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Para a ocasión contarase cun guía especializado, e ademais vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, poderíase facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
Para máis información e para anotarse visitar o blog de Mariña Patrimonio na seguinte ligazón: https://mrpatrimonio.blogspot.com
A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “as bases están publicadas na páxina web do Concello e o prazo para que as compañías se inscriban remata o 28 de setembro. As representacións desenvolveranse durante o mes de novembro e o certame rematará cunha gala de entrega de premios que terá lugar en decembro”.
Manuel Arango destaca que “as novidades deste ano son un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros. E establécese un novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións. Cada grupo seleccionado polo xurado para representar a obra no certame recibirá 300 euros en concepto de participación,...
leer másO pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.
A rexedora municipal explicou que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. Conta co respaldo dos veciños e veciñas, representados nas distintas asociacións que colaboran na organización deste evento. É por tanto un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.
Ademais Rocío López anunciou que “o programa deste ano é unha...
leer másO coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7 de xullo, ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá. Este concerto está incluído nos actos programados entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá con motivo das XI Xornadas do Peregrino.
Nesta actuación serán interpretada unha selección coral de temas da obra O amor de Afonso Reimúndez, con texto de Xosé Peinó e música de Xan Carballal, que se presentará o mesmo día ás doce do mediodía na Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo.
O Concello de Lourenzá organiza do 9 ao 30 de xullo uns obradoiros dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2010. Esta actividade titúlase Coñece o teu concello!
O edil de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o Concello de Lourenzá organiza durante o mes de xullo uns obradoiros dirixidos a nen@s nad@s entre os anos 2004 e 2010. Levan por título Coñece o teu concello! (Aprende xogando). O obxectivo destas actividades é que @s nen@s coñezan a historia e a cultura do concello dunha maneira divertida. As prazas son limitadas e concederanse por rigoroso orde de inscrición, que se poderá realizar nas oficinas da biblioteca municipal entre os días 2 e 6 de xullo”.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XI Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, organizadas pola entidade do mesmo nome e que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de xullo en Mondoñedo e Lourenzá.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da Asociación Abrindo Camiño, José Luís Fernández; as alcaldesas de Mondoñedo e Lourenzá, Elena Candia e Rocío López respectivamente; o deputado provincial Eduardo Vidal, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
As xornadas homenaxean o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e o terceiro da do Camiño Norte, e tamén lembrarán a figura de Santiago Iglesias Dobarrio, directivo fundador da entidade organizadora, cunha actuación musical e a...
leer másO 23 de xuño terá lugar en Mondoñedo unha homenaxe a Luís Trigo Chao, O Gardarríos.
Os actos darán comezo ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coa celebración dunha mesa redonda baixo o título Luís Trigo Chao: a loita dun rebelde. Nela intervirán: Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo; os historiadores Carlos Nuevo Cal e Bernardo Maíz; os investigadores Xosé Ramón Ermida e Odette Martínez; e o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico.
Ás 17:30 horas no cemiterio de Vilanova de Lourenzá terá lugar a inauguración dun monolito en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz, a súa compañeira que eran natural de Ribadeo, en Vilela-Cubelas, coas intervencións da neta do Gardarríos Fernanda Cedrón Trigo, o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico, e Xosé Luís Fernández Rivera da...
leer más