Lourenzá

26/09/2018

A cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.

O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...

leer más
Etiquetas:
20/09/2018

O Concello de Lourenzá presentou o cartel da vixésimo oitava edición da Festa da Faba, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro. A autora é Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e licenciada en Belas Artes. A alcaldesa, Rocío López, tamén anunciou que a pregoeira da Festa da Faba 2018 será a xornalista e locutora de radio Marta Docampo, laurentina afincada en Madrid. O pregón será o día 6, sábado, ás 12:00 horas.

A rexedora explicou: “hoxe presentamos o cartel desta 28 edición da Festa da Faba de Lourenzá. A autora é unha muller, Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e que cursou Belas Artes”. 

Rocío López salientou que “non é fácil dar cun cartel que transmita a esencia desta festa, a esencia do val e a esencia da faba. Todo iso que os laurentinos e todos os que nacemos aquí coñecemos de primeira man e que queremos, pero...

leer más
14/09/2018

As entradas para presenciar a actuación do actor Carlos Blanco o día 29 deste mes ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá xa están esgotadas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “xa non quedan entradas para a actuación que Carlos Blanco ofrecerá en Lourenzá o día 29 de setembro. Tivo unha gran acollida e sentimos moito non poder atender todas as peticións de entradas, pero o motivo é que temos un salón de actos que se nos queda pequeno para este tipo de eventos”.

A actuación de Carlos Blanco cos seus mellores monólogos, que está incluída na programación teatral do Concello de Lourenzá, forma parte do circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia.

 

07/09/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá ven de presentar a programación teatral que levará a cabo ata o mes de decembro. As representacións darán comezo o 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada. Ademais esta programación inclúe a actuación do humorista galego Carlos Blanco o día 29 deste mes.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “na programación teatral de outono do Concello de Lourenzá a primeira representación que imos ter vai ser o sábado día 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada, que porá en escena a obra Comedia bífida. O sábado 22 de setembro a compañía A Peneda, de Monterroso, presentará a obra A cea dos idiotas. Estas dúas representacións pertencen ao programa Buxiganga, da Deputación Provincial, e serán ás oito da tarde no salón de actos do Concello”.

... leer más
Etiquetas:
20/08/2018

O Cantón de Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 22, a partir das 13:00 horas unha actividade infantil de contos, debuxos e degustación gratuíta de produtos da marca Clesa. Anunciouno hoxe o Concello de Lourenzá.

A actividade, denominada Clesacontos, correrá a cargo do colectivo Polo correo do vento e está dirixida “ó publico familiar e ós máis pequenos da casa”. Está previsto desenvolvela no Cantón de Vilanova, pero en caso de mal tempo trasladarase ás instalacións do mercado comarcal.

O colectivo Polo correo do vento ofrecerá un espectáculo de “contacontos ilustrados que rematarán coa realización dun obradoiro de debuxo, no que explicarán o ciclo do leite e a importancia da calidade e trazabilidade en todos os produtos de Clesa”. Os obxectivos son “dar a coñecer a importancia da historia da empresa e...

leer más
Etiquetas:
31/07/2018

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do Día da Asociación Pazo de Tovar- A Cazolga o vindeiro domingo, 5 de agosto.

Ás 9:30 horas xuntaranse os participantes na área recreativa da Cazolga e o percorrido irá dende o Val, pasando pola capitalidade en Santa María, ata rematar na Ponte da Cazolga. A distancia é de 12 quilómetros e o nivel de dificultade baixo.

Ao remate da andaina celebrarase unha comida de confraternidade na área recreativa da Cazolga.

O prezo é 10 euros para os socios e 15€ para os non socios. As inscricións poden facerse por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 619 37 80 29(Lupe) ou 686 77 11 13(Emilio), antes das 14:00 horas do mércores 1 de agosto.

 

21/07/2018

Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a Lourenzá o día 4 de agosto para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Para a ocasión contarase cun guía especializado, e ademais vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas). 

No caso de que haxa un número suficiente de persoas, poderíase facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. 

Para máis información e para anotarse visitar o blog de Mariña Patrimonio na seguinte ligazón: https://mrpatrimonio.blogspot.com

 

18/07/2018

A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios. 

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “as bases están publicadas na páxina web do Concello e o prazo para que as compañías se inscriban remata o 28 de setembro. As representacións desenvolveranse durante o mes de novembro e o certame rematará cunha gala de entrega de premios que terá lugar en decembro”.

Manuel Arango destaca que “as novidades deste ano son un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros. E establécese un novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións. Cada grupo seleccionado polo xurado para representar a obra no certame recibirá 300 euros en concepto de participación,...

leer más
Etiquetas:
10/07/2018

O pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.

A rexedora municipal explicou que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. Conta co respaldo dos veciños e veciñas, representados nas distintas asociacións que colaboran na organización deste evento. É por tanto un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.

Ademais Rocío López anunciou que “o programa deste ano é unha...

leer más
06/07/2018

O coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7 de xullo, ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá. Este concerto está incluído nos actos programados entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá con motivo das XI Xornadas do Peregrino.

Nesta actuación serán interpretada unha selección coral de temas da obra O amor de Afonso Reimúndez, con texto de Xosé Peinó e música de Xan Carballal, que se presentará o mesmo día ás doce do mediodía na Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo.