Lourenzá
O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación da iniciativa denominada Trouleando polo Camiño Norte, que organizan os concellos de Vegadeo,Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as asociacións Asturgalaica e Abrindo Camiño. No acto participaron as alcaldesas de Trabada e de Lourenzá, Mayra García Bermúdez e Rocío López García; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a concelleira mindoniense Ángeles Rodríguez Rico; os presidentes dos colectivos que están na organización desta actividade, Luis Fernández Ansedes e Manuel Méndez Vázquez, e outros representantes destas asociacións.
A iniciativa consiste nun recorrido a pé “de promoción do histórico e orixinal trazado” desde Salave, en Tapia de Casariego, ata Mondoñedo, pasando por Vegadeo, Trabada e o Val de Lourenzá.
Estes itinerarios...
leer másO vindeiro 10 de setembro ás 9:30 hora terá lugar a saída da 1º Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá. Trátase dunha marcha ciclista de 79 km que recorrerá as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, á Cadeira, ao Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar e novamente á Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adeptos na comarca Mariña.
O Clube Ciclista Viveiro e a Concellería de Deportes de Lourenzá, xuntan forzas para sacar adiante esta primeira edición dunha marcha que espera consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo.
O prezo é de 10 € para os ciclistas con licenza federativa, e de 26 € para os non federados que inclúe a licenza por un día. Ademais por 5 € mais en calquera dos dous casos, a inscrición inclúe un xantar ao final...
leer másO prazo para inscribirse na primeira edición do certame de teatro afeccionado que convoca o Concello de Lourenzá rematará o día 30 de setembro e xa hai varias compañías que se amosaron interesadas en participar. Así o explicou hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.
As representacións a cargo dos grupos que superen o proceso de selección terán lugar no salón de actos do Concello os sábados e domingos dos mes de novembro deste ano. E o primeiro domingo de decembro celebrarase a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral profesional.
Cada compañía de teatro seleccionada recibirá 300 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera. E ademais haberá seis premios: o Conde Santo á mellor representación, dotado con 600 euros e trofeo; e cinco premios que...
leer másO Concello de Lourenzá, por medio da Delegación de Cultura, convoca o primeiro de teatro afeccionado, que se celebrará en novembro deste ano.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou: “na xunta de goberno local aprobamos as bases do primeiro Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante o mes de novembro deste ano. O prazo de inscrición dos grupos rematará o día 30 de setembro”. De entre todos os grupos que se inscriban, un xurado presidido polo edil de Cultura seleccionará un máximo de 8 agrupacións.
Manuel Arango explicou que “as representacións terán lugar os sábados e domingos de novembro e o primeiro domingo de decembro celebrarase unha gala, na que se entregarán os premios: o Conde Santo, á mellor representación, estará dotado con 600 euros e trofeo; os premios...
leer másO Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este luns nos Xardíns do Pazo de San Marcos a I Milla Popular Urbana, unha cita lúdico deportiva que financia o Goberno Provincial cunha achega de 8.000 euros, que servirán ademais para colaborar con outros eventos como a Gala do Deporte ou o Día da Bici, entre outras.
Santos Ramos destacou que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque dan visibilidade e poñen en valor o noso territorio, facendo fincapé na riqueza natural e paisaxística da que dispomos na nosa provincia”. O Deputado subliñou que “dende o Goberno da Deputación estamos convencidos do impacto que as actividades desta natureza teñen no turismo e na economía local. É por iso polo que, neste ano, destinamos uns 240.000 euros a financiar 78 citas...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha representación a cargo do grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, o día 30 deste mes, domingo, as oito da tarde. Anunciouno hoxe a Concellería de Cultura.
O Batán ofrecerá a obra titulada Bicos de vinagre, dentro do programa Buxiganga 2017, que ten en marcha a Deputación de Lugo para contribuír a difundir o teatro afeccionado da provincia.
A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.
Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.
Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...
leer másEste venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.
Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.
O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...
leer másO Concello ribadense acolleu este mediodía a presentación da preestrea e estrea de Juana, unha perfomance multidisciplinar en homenaxe a Juana de Ibarbourou na que a poesía, a música e a danza serán as protagonistas. A preestrea desta creación será o venres, día 9, en Lourenzá, no salón de actos do Concello ás 20:00 horas, e a estrea o sábado, día 10, en Ribadeo, no Cine Teatro ás 21:00 horas. Os Concellos de Ribadeo e Lourenzá apostaron desde o primeiro momento por esta creación, algo que lles agradeceu a súa autora e directora, a laurentina Marina Oural. No acto desta mañá estiveron presentes tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou nesta presentación que “sempre é un pracer asistir a un acto deste tipo neste salón de plenos do Concello de Ribadeo,...
leer más