Lourenzá

Etiquetas:
21/05/2017

A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será  primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A rexedora municipal agradece a colaboración de todas as asociacións e pide aos veciños que asistan caracterizados como os campesiños e campesiñas de tempos pasados.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) vai organizar a segunda paella xigante para a cal se venderán os tickets anticipadamente na biblioteca publica municipal e en Lucía Valea Fotografía ata o 30 de maio. O prezo será de 12 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos.

Ademais haberá xogos e obradoiros, concursos, actividades...

leer más
Etiquetas:
18/05/2017

A Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.

Francisco Dasilva destacou a importancia da celebración desta primeira milla “tanto pola súa novidade como pola repercusión que terá a nivel deportivo, xa que gozará de moita afluencia de atletas. Ademais estudarase a colaboración e patrocinio de varias entidades e da hostalería local, co fin de que o sábado 29 de xullo Lourenzá sexa unha festa deportiva”.

... leer más
Etiquetas:
17/05/2017

Xa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.

Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.

 

Etiquetas:
11/05/2017

A biblioteca pública municipal de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia e música destinado ao público infantil para festexar o Día das Letras Galegas. Será o vindeiro martes, día 16, ás doce do mediodía no salón de actos do Concello.

Esta actividade, a cargo de Álvaro Muras, leva por título Carlos Casares con maxia e música, e está incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

 

01/05/2017

O libro titulado Vinte obras de teatro afeccionado, escrito por Pepe Peinó, será presentado o día 6 de maio, sábado, ás oito da tarde no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.

 

Etiquetas:
28/04/2017

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García. Será o día 4 de maio, xoves, ás oito da tarde con entrada aberta para todos os públicos.

Carolina García, que foi campioa do mundo de atletismo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva, falará sobre a situación actual da alimentación e a súa incidencia no rendemento, os requirimentos nutricionais do deportista, como controlar o peso no deportista e como sacar partido ao complementos nutricionais, entre outros temas.

 

Etiquetas:
26/04/2017

A Festa do Maio de Lourenzá, que se celebrará o vindeiro luns, día 1, incluirá este ano como novidade o primeiro concurso infantil de sombreiros.

A Concellería de Cultura de Lourenzá está a programar a festividade do 1 de maio. Como tódolos anos Os Maios e a Madalena percorrerán as rúas laurentinas vestindo de cor e música todos os recunchos da vila. Como principal novidade este ano o Concello convocou o primeiro Concurso de Sombreiros do Maio, dirixido a tódolos nenos e nenas de 0 a 12 anos. Os sombreiros poden estar realizados con materiais diversos pero sempre facendo mención á conmemoración da data que se celebra: o maio ou a primavera . A Concellería de Cultura fai un chamamento aos veciños e veciñas para que ese día tomen a iniciativa e decoren os balcóns e portais das súas vivendas con flores e plantas facendo honra a esta...

leer más
Etiquetas:
17/04/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.

A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada  da man do cantautor galego Manoele de Felisa.

Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
15/04/2017

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organizan este mes de abril unha fin de semana de andainas polas Rías Baixas.

O sábado, 29 de abril sairán de Lourenzá ás 6:15, para dirixirse ata as Illas Cíes, onde pasarán a xornada realizando andaina no entorno. 

O domingo, 30 de abril, a ruta escollida comezará despois dunha visita a unha adega da zona, e levaraos ata o Monte Aloia, onde xantarán un picnic. Pola tarde, completarán as actividades do día coa visita á fábrica de chocolate Antoxo e cafés O Noso.

Finalmente, e aproveitando o festivo do luns, 1 de maio, desprazaranse ata Ribadavia, onde gozarán dunha xornada na Feira do viño do Ribeiro; para, xa pola tarde, regresar a Lourenzá.

Xa está aberto o prazo de inscrición (ata o xoves, 20 de abril como data...

leer más
Etiquetas:
04/04/2017

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.

Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril. 

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, anima a todos os nenos, nenas e mozos do municipio a apuntarse e participar nestas iniciativas, que “sen dúbida serán un bo plan para estas vacacións de Semana Santa. Estas actividades enmárcanse dentro do amplo programa para a xuventude que desde esta concellería temos pensado por en...

leer más