A VII Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte celébrase este sábado, 1 de xuño

As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, a sétima edición da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte, que terá lugar este sábado, 1 de xuño de 2024, a partir das 16:30 horas, na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá. Foi presentada cun acto presidido pola alcaldesa laurentina, Rocío López García.

Este evento deportivo contará paralelamente coa celebración do XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 quilómetro en ruta.