San Salvador de Lourenzá celebra os 50 anos como BIC cunha charla sobre historia e arte benedictina o 29 de agosto

O próximo 29 de agosto ás 20:30 horas terá lugar no Claustro do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá un acto especial para conmemorar o 50 aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). 

Javier Gómez Darriba, doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá unha charla titulada "San Salvador de Vilanova de Lourenzá no 50 aniversario da súa declaración como BIC. Historia e Arte dun mosteiro benedictino".

A actividade está organizada pola asociación Conde Santo.