Iaido
A nova “Escuela de Artes Marciales de Cervo” impartirá todos os venres de cada semana no pavillón do Colexio CEIP Cervo Nº1 en San Ciprián clases de Iaido, o arte samurái de envaiñado e desenvaiñado da katana.
Esta actividade, que vai dirixida a todos os públicos, non consiste nunha modalidade de combate, senón que é unha modalidade na que un mesmo busca alcanzar a perfección do movemento, buscando unha total coordinación do corpo á vez que se mantén o equilibrio.
As clases, de carácter gratuíto, serán guiadas por Miguel A. Rojo, cinturón negro 3º Dan nesta disciplina, e aínda que van dirixidas a todos aqueles que se queiran achegar a practicar e coñecer esta disciplina, si que é recomendable ter algunha experiencia ou noción no mundo das Artes Marciais, xa que esta disciplina concíbese en Oriente como un nivel superior....