A Asociación Conde Santo, coa colaboración do Concello de Lourenzá, da Asociación Patrimonio Laurentino e da Xunta de Galicia, organiza a Lenda do Conde para conmemorar os 50 anos da declaración BIC do Mosteiro de San Salvador. Este festexo terá lugar o día 30 de agosto en Vilanova de Lourenzá e conta cunha variada programación.
Ás 21:30 horas proxectarase un audiovisual titulado “Lenda do Conde” seguido dunha gran cea no claustro do Mosteiro de San Salvador. Dita cea inclúe caldo, codillo, postre, café e viños e o seu prezo é de 30 euros para os adultos e para os nenos de 5 a 10 anos só custará 10 euros. Por último, a partir das 00:00, os asistentes poderán desfrutar da actuación de Luar na Lubre.
Ás persoas que asistan á festa desde a organización recoméndanlles facelo vestidas de época. Todo aquel que non teña un traxe de época pode alugalo chamando ao 680 78 34 35 (Manu). Por outra parte, as prazas son limitadas e as entradas poden adquirirse nos bares de Lourenzá ou ben poñéndose en contacto con Roi a través do 664 54 62 81.