Praza
O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron esta mañá xunto á presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga, o concerto do grupo galego Treixedura e que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22:30 horas, na Praza da Catedral. Este concerto engóbase no marco das festas patronais da Virxe dos Remedios, e coincidindo co X aniversario dos Cantos de Taberna.
Este evento de música tradicional galega, organizado por Gaitaescola, está xa consolidado dentro da programación cultural da localidade e atrae cada ano a unha ducia de grupos de toda Galicia que durante o serán do sábado animan as rúas e prazas do casco histórico e se estende ata a madrugada.
Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira...
leer másO Concello de Cervo programa un concerto de Carlos Mariano que se celebrará este sábado, día 18 de decembro, ás 20:30 horas na praza do Souto.
O cantante presentará Las canciones de tu vida, un repaso aos éxitos nacionais das últimas décadas.
Esta actuación inclúese no ciclo O Son do Nordeste, organizado pola área de Cultura do Concello de Cervo. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.
A praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este xoves, día 3 de setembro, a proxección da película María Solinha. No acto participará o director do filme, Ignacio Vilar.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “este xoves, 3 de setembro, ás 21:30 horas, proxectarase a película María Solinha na Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá. Estará presente nesta estrea o director do filme, Ignacio Vilar, que será o encargado da presentación e de moderar o posterior coloquio que se desenvolverá ao remate da proxección”.
Manuel Arango destaca que “se tomarán todas as medidas necesarias, tanto hixiénicas como de separación de cadeiras, de obrigatorio cumprimento debido a pandemia do Covid-19. Tamén será obrigatorio o uso de mascariñas para acceder ao recinto”.
...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora con proxecto Sons de Gallaecia, que se presentou nas últimas horas en Lugo. Na cidade episcopal actuará a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia o 4 de agosto.
Durante a súa intervención, Elena Candia subliñou “a importancia de que Sons de Gallaecia teña a súa parada tamén na nosa cidade, sendo a localidade máis humilde das tres nas que se desenvolve este proxecto”. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofrecerá concertos en Mondoñedo, Vilalba e Lugo.
Neste eido, a alcaldesa tivo palabras de orgullo polo leitmotiv desta xira 2017, “co recoñecemento a un dos nosos mindonienses máis ilustres, Pascual Veiga” e agradeceu o acto que se celebrará o venres en honor ao insigne escritor.
A rexedora tamén fixo fincapé en que se trata dun concerto ofrecido por nenos...
leer másO Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para este sábado, 27 de maio, un programa de actividades baixo o lema “Quere o teu mercado”, que se desenvolverán das 10 da mañá ás dúas da tarde. Haberá un taller de cociña creativa con receitas de froitas e unha xincana cos máis pequenos. DJ Karras Martínez porá a nota musical para animar o evento e o grupo de baile moderno Espazo Moderno actuará ás 12 do mediodía.
E en Ribadeo tamén mañá, 27 de maio, ás 12:00 do mediodía na Praza de Abastos terá lugar un concerto a cargo de alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Esta actuación realízase co gallo do Día do Mercado e dentro da campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas e cidades.
... leer más