El origen del hielo, musical tributo a Frozen, chegará ao Auditorio Municipal de Burela directamente desde a Gran Vía de Madrid o 29 de Febreiro da man da Compañía Onbeat.
Co seu estilo interactivo co público, a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo, onde dous personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión en familia está garantida. Máis de 450.000 espectadores viron xa as súas obras en toda España.
A historia relata que o clima está afectando ao planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Xulia decide investigar a orixe do xeo e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo. Na súa procura descobre a un boneco de neve que lle conta a historia que hoxe é xa lenda dunha princesa capaz de xerar neve; pero será na viaxe cara á súa orixe onde poderá atopar as claves do seu pasado e sobre todo as solucións para o futuro.
Esa viaxe está chea de aventuras, perigos, historias de amor e sobre todo das cancións míticas que homenaxean á película de animación máis importante de todos os tempos, ás que se incorporarán os temas das segunda parte recén estreada o pasado mes de novembro de 2019.
As entradas anticipadas xa están á venda en www.woutick.es
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima á xente de Burela e da comarca da Mariña a achegarse a ver este espectáculo: “lo recomiendo por su calidad técnica y artística. Nos mantenemos fielesl a la filosofia de buscar siempre espectáculos del máximo nivel para Burela”.