A Concellería de Dinamización e Participación Veciñal de Barreiros organiza unha festa infantil de Samaín que se celebrará o 31 de outubro nas Escolas ao lado do Concello de Barreiros.
A festa está dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (nados entre os anos 2008 e 2016). A inscrición pode facerse na Biblioteca Municipal e Oficinas Xerais do Concello ata o luns 28 de outubro.
A festa desenvolverase entre as 10:00 e as 13:30 horas e celebraranse obradoiros de cabazas, manualidades, lectura de contos de Samaín, decoración da Casa do Concello e degustación de comida terrorífica para os participantes, cortesía da Asociación de Hostelería de Barreiros.