Foz
AciaFozCCA organiza a campaña Megavatio de Ouro que se desenvolverá do 7 ao 27 de outubro e sorteará 5.000 euros en premios.
Un total de 33 establecementos participarán nesta campaña. Cada local sorteará 150 euros, o valor medio dun megavatio, en tres vales de compra de 50 euros. O sorteo celebrarase o día 28 de outubro en cada tenda e os vales de compra serán trocables ata o vindeiro 31 de decembro en calquera dos locais que se deron cita no Megavatio de Ouro.
Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptica, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, Isla, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda íntima, María Docampo, Mercería Vera,...
leer másHai uns días tivo lugar a inauguración da ampliación do contido do centro de interpretación da Basílica de San Martiño. “Trátase de 4 paneis informativos que fan referencia a elementos de difícil exposición non antes sinalados que, pola importancia que teñen, non podían faltar e así amplificar a visión dos visitantes desta maxistral peza artística que é a Basílica. Os paneis están expostos nas salas do primeiro andar e a sala do Bispo, que estaban escasamente dotadas”, explica o concelleiro de Turismo, Chema Linares.
O edil especifica que “na primeira sala colocáronse dous paneis enfrontados, nos que atopamos despregada a representación iconográfica das ábsidas laterais do templo, discernidas como capela norte, a do calvario e capela sur, a da virxe María, decoradas ambas con pintura barroca, datada de finais do século XVI. Con esta...
leer másA asociación de veciños San Pedro, de Cangas de Foz, inicia unha campaña co obxectivo de conseguir que esta localidade do concello focense sexa final de etapa no Camiño do Mar. A primeira actividade desta iniciativa celebrarase este domingo, 3 de outubro, coa presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo, escrito por Xosé Isidro Fernández Villalba. Este acto será ás 17:30 horas no Centro Cultural de Cangas.
O presidente do colectivo veciñal, Antón Castro, explica que “dentro de la campaña que se está llevando a cabo por múltiples instituciones sobre la oficialización del Camiño del Mar vamos a iniciar una serie de actos en los próximos meses para tratar de que Cangas de Foz sea reconocida como fin de etapa de este camino. Lo hacemos por varios motivos: disponemos de unas infraestructuras fenomenales y adecuadas para la...
leer másO ciclo de teatro de outono para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz empeza este venres, día 1 de outubro, cun espectáculo da compañía Teatro do Noroeste, que representará a obra As Virxes Salvaxes, escrita e dirixida por Eduardo Alonso.
As prazas son limitadas, o prezo das entradas é de 5 euros e a reserva previa hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz (teléfono 982.140.027 Extensión 3.
Este ciclo de teatro inclúe representacións todos os venres de outubro ás 20.30 horas e o domingo 7 de novembro ás 19.00 horas, todas elas na Sala Bahía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que neste ciclo teatral “as mellores compañías de Galicia estarán en Foz”.
Este xoves, día 30 de setembro, e o sábado, día 2 de outubro, celebraranse as primeiras xornadas San Martiño no Camiño, organizadas polo Concello de Foz. Serán as oito da tarde no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. Haberá aforo limitado polo que se roga reservar previamente no teléfono 982.14.00.27 extensión 3.
O primeiro día o historiador e recentemente nomeado cronista oficial de Foz Xoan Ramón Férnández Pacios falará do Camiño do Mar, que “é unha nova vía de peregrinación xacobea, que sae de Ribadeo e percorre os concellos costeiros da provincia de Lugo e Coruña ata enlazar con Camiño Inglés. Este estudo do propio historiador demostra a existencia dunha nova rede hospitalaria xunto ao citado camiño e a presenza continuada de peregrinos dende o século XVI ata finais do século XVIII”, explica o concelleiro de Turismo...
leer másA Casa da Cultura de Foz acollerá a actividade Outubro Literario, que organiza a Librería Bahía, os días 14 e 21 dese mes, que son xoves, ás 20:30 horas.
O 14 de outubro Xurxo Mariño e Luísa Martínez falarán de divulgación científica e literatura. E o día 21 Manuel Gago e Susana Sánchez Aríns conversarán sobre memoria e literatura. A filóloga María Liñeira será a moderadora das dúas charlas.
Finalizados os traballos na pintura mural realizada polo artista Daniel Carreira, e promovida pola iniciativa Movart- A Mariña e polo Concello de Foz. Cómprense con ela tres obxectivos:
- A expresión artística en si mesma.
- A Acción solidaria.
- A recuperación de espazos públicos degradados.
Na tarde de mañá celebrarase o evento artístico e solidario “MOVEMENTO ARTÍSTICO POLA PAZ”, no que participarán o pintor Daniel Carreira, a agrupación O Feitizo, o músico Felipe Sánchez, o poeta Javier Agrelo e o grupo “Toxo Guayaba”; ademais renderase unha pequena homenaxe á poeta Angelina Gatell facendo un recitado do “Poema del Soldado”.
Os actos celebraranse na Praza Salgado Toimil (fronte á Casa da Cultura) ou, no caso de que chova, no salón de actos da propia Casa da Cultura.
... leer másA programación cultural de outono do Concello de Foz inclúe unha nova cita para as/os máis pequenas/os, este sábado, 25 de setembro, con Tres por Catro e os seus Musicreques: contacontos musicais. Será ás 18:30 horas na biblioteca pública Salgado Toimil.
Este espectáculo, para público de 3 a 12 anos, consiste en música ao piano acompañada de rimas, cantos e monicreques.
As entradas son gratuítas e poden reservarse no teléfono 982.140.027 - Extensión 3.
A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz xa trazou o camiño para a nova tempada: a 2021/2022. Terán grupos de adestramento adaptados a todos os niveis: categorías inferiores (de 7 a 16 anos) e absoluta (maiores de 16 anos) en Foz e Cangas. E animan a probar e coñecer o mundo do atletismo sen compromiso durante o mes de outubro.
Para dar a coñecer máis detalles sobre a planificación da tempada convocan unha reunión informativa aberta para o día 1 de outubro, venres, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz.
Onte, sábado, tivo lugar no Cenima a presentación do primeiro banco de fotos oficial de Foz cunha pequena representación do mesmo.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, comentou que “parece mentira, cando son moitas as fotografías que diariamente veciños e turistas colgamos nas redes, que o Concello de Foz ata agora non contara cun banco de fotos, moitas veces solicitado dende a oficina de turismo. Son moitas as revistas, publicacións, semanarios, xornais ou particulares que continuamente nos piden fotos dos diferentes recursos turísticos ou recunchos do noso concello; como recentemente para elaborar un libro sobre os castelos e fortalezas de España, da fortaleza do mariscal Pardo de Cela na Frouxeira, ou para un traballo sobre os paseos marítimos en Galicia, da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías...
leer más