Foz
O CD Lugo e o Coruxo FC disputan o XXXII Trofeo Vila de Foz o 4 de agosto no estadio Martínez Otero.
O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán a XXXII edición do torneo estival de fútbol Vila de Foz no estadio Martínez Otero o día 4 de agosto, mércores, ás 19:30 horas. Este evento deportivo, que está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello focense, foi presentado hoxe.
O presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera, manifestou: “para min é unha honra presentar o XXXII Trofeo Vila de Foz porque o ano pasado non puidemos facelo pola pandemia, pero agora, grazas a Deus, imos ver se somos capaces de ver o próximo mércores ese interesantísimo partido entre o Club Deportivo Lugo e o Coruxo Club de Fútbol. Quero darlle as grazas ao presidente do Lugo, Tino Saqués, e ao Coruxo por estar aquí en Foz para disputar este torneo. Agradecer tamén os trofeos feitos por Cerámica Regal, que son marabillosos, moi bonitos e que falan...
leer másEn Foz celébrase do 22 ao 24 de xullo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA.
Os días 22, 23 e 24 de xullo terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA.
Os establecementos que participarán nesta cita ofrecerán descontos especiais durante esas xornadas en diferentes artigos como moda, calzado, libros ou xoguetes, entre outros.
Os locais que sacarán os seus comercios á rúa son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Intima, María Docampo Moda, MC Automotive, N1 Zapatillas, Ofifoz, Saborea Mondoñedo, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela e Xoguetería Bahía.
Se as condicións meteorolóxicas son adversas os comercios ofrecerán descontos...
leer másA concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou o pequeno parque acuático no que se converterá a pista polideportiva do Campo da Cabana.
A edil contou que “contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña. Nel, mozos/as e maiores poden lanzarse e saltar pola súa impresionante rampla de 35 metros de altura. Os/as máis pequenos/as, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros. Estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde”.
Os horarios nos que estará aberto serán: xoves de 16 a 19...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición da campaña Comercio na Rúa, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo.
Os establecementos que participarán nesta cita ofrecerán descontos especiais durante eses tres días en diferentes artigos como moda, calzado, libros ou xoguetes, entre outros.
Os locais que sacarán os seus comercios á rúa son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Intima, María Docampo Moda, MC Automotive, N1 Zapatillas, Ofifoz, Saborea Mondoñedo, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela e Xoguetería Bahía.
Se as condicións meteorolóxicas son adversas os comercios ofrecerán descontos no...
leer másCorenta nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos desfrutarán este verán do minicampamento A Conquista de Foz II, no marco da campaña de verán que ofrece á mocidade a Consellería de Política Social.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos 20 nenos e nenas que participan na primeira quenda da actividade, que comezou o pasado luns e remata mañá. O minicampamento desenvolverase de novo do 23 ao 27 de agosto.
Os rapaces desfrutan de actividades de deporte e aventura en contacto coa natureza, como sendeirismo, xincanas, orientación, busca do tesouro, xogos na praia, obradoiros medioambientais ou teatro. Tamén coñecerán unha mostra do patrimonio cultural de Foz cunha ruta polo Castro de Fazouro.
Arias explicou que o Goberno galego organiza...
leer másO Concello de Foz organiza os días 15, 16, 17 e 18 de xullo unha celebración de pequeno formato para honrar á patroa dos mariñeiros. Coa colaboración da asociación O Noso Foz e a Confraría da Virxe do Carme estes días estarán cheos de pequenos actos e actuacións musicais.
O día 15, xoves, ás 19 horas será a inauguración da exposición na honra de Suso do Bahía, ex cronista oficial de Foz, no CENIMA. Ás 21 horas haberá o pregón, que estará a cargo do novo cronista oficial, Xoán Ramón Fernández Pacios, na praza Conde de Fontao. Ás 22 horas o grupo Nostalgia amenizará a noite cun concerto con butacas e os debidos protocolos na mesma Praza Conde de Fontao.
O venres 16, día grande do Carme de Foz, haberá misa ás 12 horas na Praza Conde de Fontao, que estará engalanada cunha alfombra floral; na fronte máis mariñeira de...
leer másO Concello de Foz celebrará este domingo, día 11, un pleno extraordinario para aceptar a renuncia do actual cronista oficial, Suso Fernández, e a elección do novo, consensuada entre todas as forzas políticas na figura de Xoán Ramón Fernández Pacios.
O pleno formará parte dun acto no que se homenaxeará a figura de Suso do Bahía, que “tanto pelexou pola nosa vila levando o nome de Foz con orgullo por todos os recunchos de Galicia e fóra dela: un veciño destacado pola súa achega á comunidade en moitos ámbitos”, explica o alcalde, Francisco Cajoto. O evento, que contará coa colaboración de amigos e compañeiros de Suso, dará comezo ás 18 horas na Sala Bahía e o acceso será limitado baixo invitación, debido ao aforo establecido pola normativa COVID. De calquera xeito a poboación de Foz poderá asistir ao acto de forma telemática, xa que se...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acolle o venres, 9 de xullo, ás 20.00 horas a presentación do libro “Alén Mundo” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Paco Rivas. En dito acto, o autor estará acompañado do profesor e escritor Bernardo Penabade, o ilustrador do libro, Alfonso Otero Regal; e o alcalde do Concello de Foz, Fran Cajoto.
A obra
“Alén mundo” pretende trasladar ao lector a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte. É por iso a razón deste título, “Alén mundo”, unha expresión que se refire ao sobrenatural, ao máis alá... ao alén.
Este libro componse de catro relatos independentes, pero todos relacionados por un nexo común, o misterio, a intriga e mesmo a morte: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O renacer de Isolino son as historias que...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz comeza as súas rutas de verán o vindeiro sábado, 10 de xullo, cun percorrido pola Basílica de San Martiño e as igrexas de Vilaronte e de Foz.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello de Foz.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é 3 euros e para os socios temporais 4€. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade baixo. Seguirán manténdose os protocolos anticovid non compartindo o material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 m. de distancia de seguridade.
... leer másO Concello de Foz comeza esta fin de semana a programación cultural do mes de xullo, que inclúe cine, teatro e música.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o verán chega a Foz e este énchese de diferentes actividades para pequenos e maiores. Todas elas actividades respectarán os protocolos COVID para manter a máxima seguridade nas mesmas”.
Inés López especifica que “no pavillón do colexio Número 1 ás 21 horas haberá teatro todos os martes. As obras deste mes de xullo serán o día 6 coa compañía Galitoon que nos presenta The Show Moscón, o día 13 Producións Dispersas tráenos Tódalas marabillas do mundo, o día 20 Gazafhellos amosaranos a Pinocho e o día 27 contaremos coa compañía Fantoches Bah coa obra Os Romeiros do caracol.
A edil de Cultura engade que “tamén volverá o...
leer más