Foz
Foz acollerá o 15 de agosto, domingo, a décimo segunda edición da carreira popular Run Foz Run, para a cal xa está aberto o prazo de inscrición. O día anterior, sábado 14, haberá unha andaina, que empezará ás 20:00 horas.
O domingo 15 as carreiras comezarán ás 10:00 horas e haberá probas nas seguintes categorías: cadete, infantil, alevín, benxamín, pícaros e absoluta. Esta última esta programada para as 11:00 horas.
A organización explica que os participantes terán que portar un dorsal no peito en todo momento ben visible. Recomendan recollelo o sábado 14 en horario de 17 a 20 horas no CENIMA de Foz, situado na Travesía da Riveira, onde ademais estará a saída e a meta. Excepcionalmente os corredores poderán recoller o dorsal o día da proba na carpa da organización en horario de 08:30 a 09:30.
O 17 de xullo o pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo.
Segundo subliñan desde a Concellería de Xuventude e Deportes “estes dous profesionais achegarannos á danza clásica, moderna, urbana e contemporánea nunha completa xornada que se iniciará ás once da mañá e rematará ás sete e media da tarde”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 652 508 534 (Iago).
Dous novos establecementos veñen unirse á lista de asociados de AciaFozCCA: Mercería Vera e Hillene Nails.
Laura Fanjul levaba un tempo dándolle voltas á idea de montar o seu propio negocio, algo que materializaba o pasado 18 de xuño. En Mercería Vera a clientela pode atopar “cremalleras, cintas de raso y de bies, hilos de coser y de bordar, botones, velcro, además de telas, artículos de bebé, ropa interior, pañuelos… una variada oferta de artículos”.
Mercería Vera é un dos novos locais asociados a AciaFozCCa: “me lo recomendó una amiga que abrió aquí también una tienda hace poco. Todo lo que sean ventajas para nosotros, así como ayudar y mover la economía de la zona es positivo”. Mercería Vera está situada na rúa Álvaro Cunqueiro.
Hai catro meses, o 8 de febreiro, abría as súas portas...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a II Andaina contra o Cancro, en colaboración con la delegación local da AECC, que terá lugar o 11 de xullo.
A marcha discorrerá polas rúas de Foz, cunha lonxitude de 5´7 quilómetros e rematará no porto onde haberá huchas para recoller donativos. A saída será ás 10:30 horas da praza do Concello.
Para participar é obrigatorio anotarse e pódese facer nos teléfonos: 606 718 482, 670 369 017 e 680 426 933. O prazo remata o venres, 9 de xullo.
Os organizadores levan a cabo esta iniciativa, un ano máis, para visibilizar a loita contra esta enfermidade e recadar fondos para esa causa.
O xoves, 1 de xullo, ás oito e media da tarde, terá lugar un Encontro Literario entre Marta Sanz e Pedro Feijoo na Casa da Cultura de Foz. Será moderado por María Linheira e está organizado pola Librería Bahía con financiación da Dirección Xeral do Libro a través do programa Afinidades Electivas.
Marta Sanz é unha das máis interesantes e recoñecidas escritoras en español da actualidade. Cunha extensa obra publicada, recibeu os premios literarios máis prestixiosos. Escritora fondamente comprometida e tremendamente lúcida, a súa é unha prosa afiada e sen concesións que nos move e nos remove tanto no emocional coma no intelectual.
Pedro Feijoo é un dos escritores máis exitosos do panorama literario galego. Aínda que ten algunha obra doutros xéneros, a novela negra é a que lle reporta máis seguidores. Mestre na...
leer másO IES de Foz, en colaboración coa FCAM, oferta para o vindeiro curso 2021-2022 o ciclo medio dual de actividades comerciais. Este é o único centro da provincia de Lugo que o impartirá. O alumnado realizará as prácticas en empresas da Mariña. Este novo ciclo foi presentado nas instalacións do IES de Foz polo seu director, Nicolás Asensio, polo xefe de departamento de Comercio, José Otero, polo dinamizador dual Álvaro Doural e polo presidente da FCAM, José Carlos Paleo.
O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explicou que “dentro de las novedades que tenemos en ciclos para este curso, uno con el que estamos más ilusionados es el ciclo medio de actividades comerciales en colaboración con la FCAM. Ha sido fruto del trabajo de Álvaro Doural, dinamizador dual con plaza en el CIFP Porta da Auga, el jefe de departamento, José Otero, y la FCAM...
leer másO Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz oferta para o vindeiro curso 2021-22 un ciclo dual de grao superior en Dirección de Servizos, para o que conta coa colaboración de Paradores, empresa hostaleira pública na que o alumnado fará prácticas remuneradas. Esta nova ensinanza que se poderá cursar no IES de Foz foi presentada no Parador ribadense polo director e a vicedirectora do centro educativo focense, Nicolás Asensio e Leticia Maseda, e polo director dos Paradores de Ribadeo e de Vilalba, Antonio Graña, e o xefe de sala do establecemento ribadense, Alejandro Lara.
Nicolás Asensio explicou: “estamos contentos de esta colaboración con Paradores, empresa con la que en años anteriores ya habíamos realizado prácticas e intercambios, pero a partir de ahora la consolidamos de una forma más institucional impartiendo en conjunto un ciclo...
leer másAciaFozCCA organiza unha campaña de descontos en establecementos asociados os días 25 e 26 de xuño.
Os comercios de Foz ofrecerán importantes promocións durante esas dúas xornadas, que comezarán no 21%, pero que nalgúns casos chegarán ata o 50%.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “os días 25 e 26 de xuño, este venres e este sábado, será un bo momento para achegarse ao comercio de Foz a mercar roupa, calzado, complementos… de tempada a prezos moi interesantes”.
E engadiu que “podemos pasear polas rúas de Foz, botar un ollo aos escaparates, comprar e aproveitar para gozar da ampla oferta hostaleira da nosa vila, que afronta o verán de 2021 con boas expectativas”.
Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 7ª Festa da Empanada do 22 ao 27 de xuño.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar ata 40 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces”.
Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con bechamel e tropezóns de xamón york e queixo, de cebola caramelizada, de salteado de verduras con tofu ou rechea de escalibada con bechamel. E doces como pastelón de mazá, de cabelo de anxo, capricho de crema ou torta de roxóns.
Moncho...
leer másEl encuentro con la autora focense dará comienzo a las 19 horas.
Desde la UNED-Aula Universitaria explican que “a través de dicho encuentro fomentaremos la participación, el diálogo, y la posibilidad de abordar en profundidad los textos interpelando de viva voz a la autora sobre el oficio de escritora y la tarea de escribir literatura. Esta actividad es totalmente online en directo y en diferido (para las personas que no pueden conectarse ese día a esa hora)”.
Y añaden que “con Luisa Castro cerraremos el Ciclo de Autores Locales, que nuestra aula puso en marcha este curso académico y que ha resultado de gran interés con una participación de más de 600 alumnos/as. En este segundo cuatrimestre hemos tenido la suerte de tener en nuestra aula a: Pepe Peinó, a Xurxo Mariño, a Xosé Ramón Veiga y a Paco Rivas. Nuestro...
leer más