Foz
Foz acollerá o décimo aniversario da Festa dos Pepes o día 22 de marzo, sábado.
As actividades comezarán ás 13:45 horas cunha recepción do alcalde a tódolos participantes diante da Casa do Concello de Foz. Ás 14:00 farán unha foto de familia e despois haberá un ruta polos bares de Foz. E ás 15:00 horas empezará a comida de confraternidade no restaurante As Brasas.
O prezo é de 40 euros e as reservas poden facerse a través dos teléfonos 628.429.737 (Cobos) ou 609.983.695 (Vila).
O Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...
leer másA Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero. O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.
O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a...
leer másAta o 14 deste mes segue a campaña de San Valentín de AciaFozCCA, que sorteará 500 euros en vales e compra. Ademais do 10 ao 16 de febreiro haberá cóctel e doces afrodisíacos en catros locais hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros ata o mesmo 14 de febreiro. Nas tendas recibirán os boletos para o sorteo, que terá lugar o 17 de febreiro a través de Radio Foz”.
AciaFozCCA porá en xogo 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un “para animar as vindeiras semanas nos negocios de Foz”. Os números premiados serán publicados nas redes sociais de AciaFozCCA e na páxina web: www.aciafozcca.com
Paleo...
leer másO Concello de Foz presenta o cartel e a programación do Entroido, que inclúe actividades desde o día 15 deste mes ata o 7 de marzo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a edición 2025 do Entroido de Foz vén cargada de actividades e eventos. Foz vive a emoción dos días previos aos seus grandes momentos, que teñen o seu culmen no gran desfile, que se celebrará o sábado 1 de marzo. As inscricións para o mesmo abriranse o día 10 de febreiro. O programa deste Entroido comeza coa cea de coroación da Raíña, Coral Rey Oliveros, que recibirá a coroa de Carlota Fernández del Riego, o sábado 15 de febreiro na carpa da rúa Atalaia. A cea que está sendo récord en afluencia, estará amenizada polos djs Alejandro Martínez e Mia Disko. Ese día a partir das 12 da mañá as comparsas de Foz tocarán polas rúas. O xoves 27 de febreiro é xoves...
leer másO grupo teatral focego Pico do Castro representará a obra titulada Trato a cegas este sábado, día 8 de febreiro, en Marzán (Foz). Será ás 19:30 horas no Local da Antiga Báscula.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques de Marzán.
En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 10 ao 16 de febreiro dentro da campaña de AciaFozCCA para estas datas. A tradicional cita foi presentada polos responsables de dous dos establecementos participantes Xoyma e Anduriña, acompañados do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e da concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 10 ao 16 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de San Valentín. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun...
leer másAciaFozCCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín, que se desenvolve do 1 ao 14 de febreiro.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros do 1 ao 14 de febreiro. Nas tendas recibirán os boletos para o sorteo, que terá lugar o 17 de febreiro a través de Radio Foz”. E engade: “imos poñer en xogo 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un, para animar as vindeiras semanas nos negocios de Foz”. Os números premiados serán publicados nas redes sociais de AciaFozCCA e na páxina web: www.aciafozcca.com
Paleo anima “a facer as compras destas datas no comercio local, onde atoparemos todo o que precisamos para sorprender ás...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.
A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.
Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio...
leer másA parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará a novena edición da súa Festa dos Callos este sábado, día 25 de xaneiro.
As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha cea e tamén haberá unha actuación musical.
Este evento está organizado pola Asociación Santa Cecilia e colabora o Concello de Foz.