O grupo teatral Pico do Castro representa a obra “Trato a cegas” este sábado, 8 de febreiro, en Marzán (Foz)

O grupo teatral focego Pico do Castro representará a obra titulada Trato a cegas este sábado, día 8 de febreiro, en Marzán (Foz). Será ás 19:30 horas no Local da Antiga Báscula.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques de Marzán.