Festa dos Callos

24/01/2025

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará a novena edición da súa Festa dos Callos este sábado, día 25 de xaneiro.

As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha cea e tamén haberá unha actuación musical.

Este evento está organizado pola Asociación Santa Cecilia e colabora o Concello de Foz.

03/01/2025

A Comisión de Festas de Vilamar, en Barreiros, organiza a décimo terceira edición da súa Festa dos Callos o día 11 de xaneiro, sábado, ás 21:30 horas no Campo da Festa. Será nun local cerrado con calefacción. Estará amenizada coa música do grupo Montreal e o DJ Conxuro.

Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 600.804.986 ou 699.252.824. O prazo remata o día 7 de xaneiro.