Foz

31/03/2025

Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 9ª Festa da Empanada deste martes, día 1, ata  o 6 de abril, domingo. Durante estes días haberá descontos, degustacións e terá lugar o sorteo de 2 vales de 100 euros cada un para consumir neste establecemento.

Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar máis de 40 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. As novidades desta edición son a empanada de porco celta con castañas e a de orella”.

Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con...

leer más
Etiquetas:
30/03/2025

A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€  persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.

Etiquetas:
25/03/2025

A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.

A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.

O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...

leer más
Etiquetas:
24/03/2025

Hoxe tivo lugar o sorteo da campaña do Día do Pai de Acia Foz-CCA, que repartiu 500 euros en vales de compra. 

Os números premiados foron os seguintes: 12.128, que foi entregado en Viajes Rodríguez; 13.610 en Mi Casa; 14.390 entregado en Librería Bahía; 17.128 en Pescadería Coyote; e 25.895 entregado en Pastelería Anduriña. Cada unha das cinco persoas afortunadas recibirá un vale de compra de Acia Foz-CCA por importe de 100 euros. Agora xa poden dirixirse á asociación para reclamar os seus premios.

O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e coa xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.  

Acia Foz-CCA agradece “a fidelidade da clientela dos negocios de Foz, aos que acudiron para mercar os...

leer más
23/03/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco, en colaboración con Mariña Patrimonio e a editora Tempo Galiza, organiza para o xoves 27 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, a presentación do libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores Cobas.

A publicación é un caderno de campo sobre a flora e a fauna da comarca da Mariña, en base aos traballos de recuperación como bosque de teixos dunha hectárea de monte no Padornelo, na parroquia de Lindín, en Mondoñedo.

A presentación do libro correrá cargo do presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, e do autor da publicación.

Etiquetas:
20/03/2025

O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, inaugurou este xoves no CENIMA de Foz as exposicións Proximidade Llunyana e 113+, dous proxectos artísticos da Rede Museística Provincial que exploran a diversidade, a memoria migratoria e a
convivencia, visibilizando historias que conectan o pasado co presente. As exposicións permanecerán en Foz ata finais de abril.

No acto participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a
concelleira de Cultura, Inés López Couto, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago.

Daniel García subliñou “a traxectoria dos museos provinciais no traballo da interculturalidade con diferentes proxectos ao longo dos anos” e valorou “a oportunidade que as exposicións ofrecen para achegarse a migración desde unha perspectiva humana e comprometida coa defensa dos...

leer más
19/03/2025

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca e sala de estudos. No ano 2021 a biblioteca municipal aumentou o seu horario ás tardes de luns a xoves, “servizo moi necesario e demandado. Agora configurase un novo horario que aumenta e mellora o servizo”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “o novo horario de biblioteca será de luns a venres pola mañá de 8.30 a 14.00 e pola tarde de 15.00 a 20.00 horas, o que supón a nova apertura no horario do venres pola tarde. Esta semana xa estará aberta. Ademais o horario da sala de estudos tamén terá unha mellora: será de luns a venres de 8.30 da mañá a 8 da tarde de forma ininterrompida”.

Inés López destaca que “a boa acollida da apertura, no pasado mes de novembro, da sala de estudos da biblioteca de Foz demostra que é unha...

leer más
Etiquetas:
17/03/2025

Acia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata este mércores, día 19. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA están a recibir papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.

Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás, aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”. 

O director xeral de Comercio,...

leer más
Etiquetas:
17/03/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres, 21 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX.
 
Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, ven de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982), onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.

 

Etiquetas:
16/03/2025

O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o día 12 de abril, sábado.

Será no restaurante O Rincón do Mis e o prezo é de 35 euros por persoa. As entradas pódense reservar por whatsapp nos números 690.81.38.64 ou 692.578. 762 ou a calquera compoñente da directiva do CB Celtas.