Foz
O vindeiro xoves, 26 de decembro, as gañadoras da campaña Regala Nadal, Merca en Local, que tivo lugar hai uns días en Foz, consumirán os seus premios nunha tarde de compras.
O pasado 18 de decembro na Festa de Nadal celebrada en Foz dentro da campaña Regala en Nadal, Merca en Local, celebrouse o sorteo en directo de tres tarxetas prepago por valor total de 4.500 euros para gastar nunha xornada de compras nos establecementos asociados.
As agraciadas foron:
-Ángeles Agrelo Vila: Tarxeta de 500 euros, a gastar nun mínimo de 3 establecementos
-Tamara Suárez Peláez: Tarxeta de 1.000 euros, a gastar nun mínimo de 5 establecementos
-Beatriz Lestegás Pacheco: Tarxeta de 3.000 euros, a gastar nun mínimo de 8 establecementos
A xornada de...
leer másA agrupación O Feitizo, de Foz, organiza un Musical de Nadal que se celebrará na Sala Bahía o luns 23 de decembro, ás 19:00 horas.
O Feitizo anuncia que “xa está aquí o Musical de Nadal, feito por nen@s para nen@s . Papá Noel visitará aos nen@s, teremos un photocall navideño súper chulo e sorteamos unha cesta de chuches”.
A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación para xaneiro inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel...
leer másA Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.
Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.
Este domingo, día 22 de decembro, celebrarase a décima edición da carreira Run Foz Run Nadal.
A organización deste evento deportivo anuncia: “chega o Nadal e con el a IX Run Foz Run Nadal 2024, a 11ª carreira do circuíto de carreiras Duacode RFR24 e a derradeira que coroará aos gañadores/as desta edición. Unha edición que chega con numerosas novidades e un programa repleto de diversión, deporte e familia. O evento presentouse oficialmente este martes, 17 de decembro, acto ao que acudiron membros do equipo municipal, representantes da directiva do Atletismo Ría de Foz e o presidente da ACIA e CCA de Foz. Destacaron a alta participación (preto dos 350 inscritos) e ambiente que se espera e un programa para todas as idades con actuacións máxicas, andaina popular, feira do corredor, talleres e xogos de mesa, carreiras populares para todas as...
leer másLa asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que este domingo, día 22 de diciembre, tendrá lugar “nuestra tradicional ruta para montar el Belén de Cumes, será en la zona de Ferreira do Valadouro; iremos al Penido Vello, nos juntaremos en el matadero de Ferreira y desde allí nos desplazaremos en coche hasta el punto de partida de la ruta al pico. Es una sencilla caminata de 3 quilómetros. Dejaremos el Belén y brindaremos por las fiestas, antes de bajar”.
La salida desde Ferreira do Valadouro será a las 09:30 horas, la participación es gratuita, pero hay que inscribirse. El plazo finaliza el sábado 21.
A Asociación Folclórica Cultural A Subela, de Foz, organiza a décimo quinta edición do seu Festival de Nadal este sábado, día 21 de decembro. Será ás 17:30 horas na Sala Bahía e actuará o grupo Asubíos da Chaira, de Cospeito.
A entrada para asistir ao festival consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.
Ao remate haberá chocolate con biscoito.
O ciclo comeza o vindeiro venres, 20 de decembro, cunha conferencia – coloquio no CENIMA, de Foz, ás 19:30 horas, co título de “Verdugos invisibeis e vítimas coñecidas”, na que o catedrático de historia contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, falará dun asunto incómodo, dun pasado incómodo e dun enfoque incómodo: “Levamos tres décadas ocupándonos das vítimas das matanzas, pero non dos verdugos. Algúns historiadores iniciamos hai uns anos o xiro perpetrador para identificar as lóxicas dos verdugos, a razón da matanza que perpetraron ligada ao golpe; a súa identidade e as formas que tiveron de agocharse e difuminarse no relato, pero tamén borrando as pegadas do seu crime durante a ditadura…ata hoxe”.
O Foro Social a Mariña entende que estamos a vivir nun tempo onde afloran relatos que pretenden dulcificar e mesmo ensalzar o réxime...
leer másOs actos desenvolveranse na praza Conde Fontao entre as cinco e as oito da tarde. Ás 17:30 horas haberá unha actuación infantil; ás 18:00 horas será o sorteo dunha tarxeta prepago de 500 euros; para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada; ás 19:00 horas terá lugar o sorteo dunha tarxeta prepago de 1.000 euros; ás 20:00 horas serán as intervencións do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José Mª Seijas, e do alcalde de Foz, Fran Cajoto; e a continuación terá lugar o sorteo, polo sistema de bingo, dunha tarxeta prepago de 3.000 euros.
A campaña Regala en Nadal, Merca en Local é unha iniciativa de promoción do comercio, que ten como obxectivo principal dinamizar as compras na época máis relevante do ano para a actividade comercial, como é o...
leer másA asociación Mariña Patrimonio organiza para o luns 16 de decembro unha conferencia na que o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña. A conferencia terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos do CENIMA (Foz).
O citado proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.