Festas
A Pontenova celebrará as festas na honra de San Esteban o venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño. O campo estará cuberto con carpa.
O venres haberá churrascada popular desde as 22:00 horas e despois verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón e por Disco Bombardero.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú, co grupo Alba, que tamén actuará na verbena.
O Concello de Burela celebrará, entre os día de hoxe, 24 de maio, e 4 de xuño, as súas Festas Patronais na honra da Virxe do Carme e Xoán Bautista.
A alcaldesa Carmela López sinala que "imos gozar en Burela dunha ampla programación chea de novidades, na que a nova Comisión de Festas se esforzou ao máximo, intentando dar o mellor para a súa vila".
"O Enduro Monte Castelo Burela únese á programación para facer as festas ainda máis atractivas nesta primeira fin de semana", lembra a rexedora.
"Dende o Concello agardamos que estas festas sexan todo un éxito, desfrutado por igual por veciñanza e visitantes", engade López.
Serán en total 12 días de actividades, que comezarán co Día da Baixada da Vila do Medio hoxe, 24 de maio. Ás 21:00 haberá misa e procesión dende a...
leer másA parroquia de Oirán, no concello de Mondoñedo, celebrará as súas festas na honra da Virxe dos Milagros esta fin de semana, o venres 24 e o sábado 25 de maio.
O venres haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena, nese caso con Sandra.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra D´Noche e o dúo Estrellas.
Vilamar, en Barreiros, celebrará as festas na honra de San Xulián esta fin de semana, desde o venres 24 ata o domingo 26.
As actividades comezarán o venres 24 ás 21:30 horas cunha “pulpada e churrascada” a partir das 21:30 horas. A continuación haberá festa verbena amenizada polo grupo Lume e Xilo e Carlos Manteiga.
O sábado 25 ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois procesión e sesión matinal a cargo do dúo Son de festa. É as 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán as orquestras Metrópolis e Finisterre.
E o domingo 26 desde as 14:00 horas haberá sesión matinal amenizada polo dúo Belinda e a discoteca móbil The Sound Project e sesión vermú longa con degustación de xamón cocido e chourizos gratis.
A organización destaca que contan con amplos...
leer másAs festas patronais de Burela, na honra da Virxe do Carme e San Xoán Bautista, celebraranse do 24 de maio ao 4 de xuño.
As actividades empezarán este venres, 24 de maio, ás 21:00 horas con misa e procesión na honra da Virxe do Carme desde a igrexa de Vila do Medio ata a parroquial.
O sábado 25 ás 20:00 horas terá lugar o pregón, a cargo de Manuel Maseda Deán, no auditorio da Casa da Cultura.
O domingo 26 a partir das 17:00 horas haberá festa infantil e xuvenil con inchables na Praza da Mariña.
O luns 27 será do Día do Deporte, con actividades de patinaxe, ximnasia rítmica, xincana fútbol campo e baloncesto, entre outras.
O martes 28 ás 19:00 horas actuará a agrupación musical Arume no parque Rosaía de Castro.
O...
leer másHaberá misa ás 13.30 horas e a continuación sesión vermú co Dúo Dilema. Despois comida veciñal servida polo catering Las Salinas. O menú estará composto por empanada, salpicón de marisco, churrasco, criollos, polo, postre e bebidas. O prezo para os adultos será de 28 euros e os nenos de 5 a 12 anos pagarán 12 euros. O aforo está limitado a 100 persoas. As tarxetas estarán á venda nos bares da localidade e na gasolineira ata o 22 de xuño.
Despois de comer actuará de novo o Dúo Dilema.
O evento está organizado polo Concello de Riotorto.
As festas de Canedo, no concello de Lourenzá, celebraranse deste este venres 17 de maio ata o domingo 19.
Empezarán as actividades o venres a partir das 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena coa orquestra Los Players e o grupo Origen.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Acordes, que tamén actuará na verbena xunto a Fania Blanco Show.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Fania Blanco Show.
A organización dos festexos destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.
A localidade de Goios, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Ascensión os día 10 e 11 de maio.
O venres 10 haberá churrascada veciñal e verbena con DJ Pedro Bermúdez e Disco Bombardero.
E o sábado 11 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne no campo de festa e despois sesión vermú amenizada pola orquestra La Florida Band e Disco Bombardero, que tamén actuarán na verbena.
A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, celebrará as súas festas patronais do venres 10 ao domingo 12 de maio.
As actividades empezarán o venres ás 22:30 horas cunha mexillonada e torreznada popular, cita gastronómica que estará amenizada polo dúo Eclipse e Conxuro DJ.
O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois procesión. A continuación haberá sesión vermú, co grupo Alma Latina e Conxuro DJ, que tamén actuarán na verbena.
O domingo celebrarase misa ás 13:00 horas e continuación haberá procesión e sesión vermú, coas actuacións do dúo Estrellas e dun grupo de música tradicional.
A organización anuncia: “somos un grupo de veciños e amigos que con moita ilusión anunciamos que volven as festas á nosa parroquia. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes neses días. Contaremos con inchables para os pequenos e recinto cuberto con carpa no caso de que...
leer másDespois de varios anos sen celebrarse Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, recuperan as súas festas na honra a San Xosé. Serán do 10 ao 12 de maio.
As actividades empezarán o venres 10 ás 21:30 horas cunha cea baile, que estará amenizada polo dúo Belinda e o DJ Billy.
O sábado 11 haberá misa solemne ás 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Ángel América e co DJ Pérez.
E as festas rematarán o domingo 12, día no que se celebrará misa solemne ás 13:45 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.