A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Vicente os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. A organización anuncia que “haberá mesas e bancos e queimada popular gratuíta. A festa verbena estará amenizada pola orquestra Finisterre.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Lume.
O recinto estará cuberto con carpa e terá calefacción.