Carballido, en Alfoz, celebra as festas de San Sebastián os días 18 e 19 de xaneiro

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará as festas de San Sebastián os días 18 e 19 de xaneiro, sábado e domingo. Serán no atrio, onde haberá carpa climatizada.

As actividades comezarán o sábado a partir das 13:30 horas, cando haberá misa, procesión e sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto a Discomóvil Conxuro.

E o domingo a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e macro sesión vermú con Xilo e Carlos.