Ambosores, en Ourol, celebra as festas de Santa Lucía esta fin de semana, días 13 e 14 de decembro

A parroquia de Ambosores, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santa Lucía esta fin de semana: o venres 13 e o sábado 14 de decembro. As actividades serán na antiga escola.

Os actos comezarán o venres ás 20:00 horas con degustación gratuíta de xamón cocido e chourizo. E despois haberá verbena amenizada polo dúo Caramelo e Claudia Zurita.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e a continuación sesión vermú co dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará un xantar popular, no que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 11 de decembro. Tamén haberá baile de tarde noite amenizado polos dúos Caramelo e Maracuyá.