Festa

Etiquetas:
16/02/2023
As heroínas e os heroes serán os protagonistas da festa temática do Entroido de Ribadeo, que terá lugar os días 17 e 18 de febreiro. As persoas que se disfracen e consuman nos establecementos adheridos poderán facer con rifas para o sorteo que se celebrará na praza da Fonte Nova o día 18 á unha da madrugada. En xogo estarán 120 euros en metálico doados polos locais da zona vella e 3 premios de 100 euros cada un, tamén en metálico, doados polas charangas A Choca e Aturuxo, de Ribadeo. Desde a organización subliñan que “para participar no sorteo e para recoller o premio haberá que ir disfrazada/o”.
 
O día 17 será o pregón no Teatro a cargo do actor Carlos Blanco ás 19:30 horas. O Concello e Acisa lembran que “para acceder será preciso retirar entrada de balde desde as 18:30 horas. Unha vez que todas as...
leer más
Etiquetas:
15/02/2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.

Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.

Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.

Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

19/01/2023

A asociación cultural Festas do San Rosendo, de San Miguel de Reinante (Barreiros), organiza a segunda edición da Festa do Caldo para o día 28 de xaneiro, sábado, nos colexios vellos de San Miguel.

A organización anuncia que “haberá segunda edición da Festa do Caldo. 
Tras dous anos de parón por mor das restricións sanitarias volvemos con moitas ganas a organizar a Festa do Caldo, que tan bo sabor de boca, en tódolos sentidos, nos deixou en xaneiro do 2020. Haberá moita comida, bebida e moito baile”.

O menú está composto por caldo, cocido, pan, auga e viño, con un pzo de 14 euros. A cea será a partir das 21:00 horas e o baile empezará ás 23:00 horas, co actuación de Verónica Cambón.

Os tickets para participar están á venda ata o 23 de xaneiro e o aforo é limitado.

Etiquetas:
14/01/2023

Acisa sorteou esta noite na XII Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos vindeiros dous meses, é dicir ata o 14 de marzo.

Desde o pasado 15 de decembro Acisa repartiu 150.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados. Máis do 80% foron introducidas na urna instalada na carpa situada no parque de San Francisco e na que se celebrou o sorteo esta noite. 

O premio non presencial foi para o número 90.316. A persoa posuidora desta papeleta  disporá de 15 días, ata o 27 de xaneiro, para poder reclamalo na oficina da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. 

O premio de 2.000 euros en vales de compra foi para Cruz Fernández, de Ribadeo, aínda que o recolleu unha...

leer más
Etiquetas:
12/01/2023

O vindeiro sábado, 14 de xaneiro, terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros premios. O sorteo, que tras a pandemia volve ser presencial, terá lugar na carpa instalada no parque de San Francisco. 

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “volvemos a recuperar o formato presencial deste importante sorteo da campaña de Nadal de Acisa, coorganizada este ano xunto ao Concello de Ribadeo. A última vez que fixemos este sorteo con público foi en xaneiro de 2020, unhas semanas antes de que o covid aparecese nas nosas vidas, e agora que volvemos á normalidade quixemos que a xente asista de novo en vivo e en directo a este evento”.

Cruzado Iglesias subliñou que “haberá cadeiras para acoller a 300 persoas no interior da carpa instalada no parque de San Francisco. É o aforo calculado e...

leer más
Etiquetas:
11/01/2023

A parroquia de Riobarba, no municipio de O Vicedo, celebrará a Festa do Patrón, San Pablo, o 21 de xaneiro, sábado.

Haberá misa ás 13:00 horas e sesión vermú a partir das 14:00 horas, que estará amenizada polo grupo Meritxell e repartiranse pinchos de lacón e empanada. Pola noite na verbena actuará o grupo Zafiro. E ademais sorteáranse dúas cestas.

 

Etiquetas:
13/12/2022

Acisa ven de presentar a súa campaña de Nadal, este ano coorganizada entre a asociación empresarial e o Concello de Ribadeo,  que se desenvolverá do 15 de decembro de 2022 ao 14 de xaneiro de 2023. Inclúe a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, obradoiros, teatro, reparto de materiais entre os asociados e asociadas e sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa; así como a instalación da árbore de Nadal e na praza de San Roque.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se desenvolverá do 15 de decembro ao 14 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XII Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa, que inauguramos hai uns días, actividades para as nenas e os nenos e a entrega de material gratuíto para...

leer más
Etiquetas:
24/11/2022

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto este sábado, 26 de novembro.

As actividades empezarán ás 16:30 horas con talleres de outono para os nenos e nenas que se desenvolverán ata as 18 horas, cando haberá merenda con chocolatada. E ás 19 horas farase un bingo familiar. 

Esta festa está organizada pola Anpa do colexio Juan Rey coa colaboración do Concello de Lourenzá, que aporta os biscoitos e o chocolate para a merenda. As actividades son gratuítas para @s soci@s da Anpa e os demais terán que pagar 5 euros por persoa. 

A alcaldesa, Rocío López, anima “a tod@s a asistir, a participar no magosto e a colaborar coas actividades que organiza a Anpa do colexio Juan Rey”.

 

Etiquetas:
24/10/2022

A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña, que terá lugar na Praza da Mariña o 12 de novembro coa colaboración dos asadores da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, do BoasMigas, do Restaurante O Sargo, da A.C.M. Dámbara e da Acia Burela. 

De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medio Ambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673. 

Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos". 

Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo...

leer más
Etiquetas:
13/10/2022

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.

Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...

leer más