Pemento

Etiquetas:
19/09/2024

O Concello de Ribadeo organiza o próximo domingo, 22 de setembro, a Festa do Pemento. 

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, subliñou que “se trata dunha tradicional xa cita enmarcada no Mercado dos Domingos, que pon en valor e da protagonismo ao pemento”.

A edil ribadense contou que “durante a mañá do domingo o público poderá disfrutar de diferentes actividades propias do mercado como unha cata, a degustación dunha deliciosa coca de pementos, unha mostra de diferentes variedades deste produto, a exposición O pemento de Piñeira, así como un obradoiro para a elaboración de batidos de froitas e verduras, música... unha morea de actividades ás que tamén se sumarán os bares da contorna que ofrecerán tapiñas especiais de pemento para os seus clientes”.

Saiz indicou: “destacar que...

leer más
Etiquetas:
06/10/2023

O 8 de outubro terá lugar a xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos. Haberá unha proxección, unha exposición, unha mostra degustación, tapiñas nos locais hostaleiros da contorna e música. A cita foi presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz. 

A edil ribadense contou que “o vindeiro 8 de outubro volvemos ter unha cita no Mercado dos Domingos, nesta ocasión será coa xornada de exaltación do pemento de Piñeira”. 

Saiz relatou que “ás 11:30 teremos Conversas na cortiña coas produtoras e produtores;  ás 12:15 horas mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e a partir das 13:00h horas concerto con Paraíso Canto. Ademais durante as horas do mediodía poderemos disfrutar dunhas tapiñas nos locais hostaleiros da contorna...

leer más
Etiquetas:
20/09/2019

O 22 de setembro terá lugar unha nova edición do Pemento Fest, dentro do Mercado dos Domingos. Haberá mostra de pementos e degustación, unha charla sobre este produto e tamén música. Un dos protagonistas será o pemento de Piñeira. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o pemento de Piñeira”. 

O edil ribadense explicou que “para elo vaise celebrar unha nova edición do Pemento Fest o vindeiro domingo, 22 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos, que é  o noso espazo de consumo local. Este Pemento Fest, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, tamén contará cunha mostra de pementos...

leer más
Etiquetas:
21/09/2018

A contorna da praza de abastos de Ribadeo acollerá este domingo, día 23 o evento chamado Pementos Fest. Está organizado polo Concello de Ribadeo e a Asociación de Produtores de Horta A Sucadoira.

Desde a organización explican que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o Pemento de Piñeira. Para elo celebrarase o Pementos Fest o vindeiro domingo, día 23 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos”.

Os organizadores engaden que “esta xornada dedicada ao pemento, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, contará cunha mostra de elaboración de cervexa artesanal a cargo de BB de Ribadeo a partir das 11 horas. Ás doce do mediodía haberá unha...

leer más