A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Alfoz organiza o XXVII Festival da Terceira Idade o 7 de outubro.
A festa está dirixida a todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
O programa de actividades para esa xornada dará comezo ás 12:30 horas, cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na Finca Galea.
As persoas interesadas en asistir a esta festa deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello. O prazo remata o 3 de outubro.