Festa
O vindeiro sábado, 23 de novembro, na antiga praza de abastos de Burela terá lugar a Festa da Música, que organiza ACM Dambara, para renderlle homenaxe a Santa Cilla.
A partir das 13:30 horas terán lugar as actuacións da Banda CCTT Santo Inocencio de Teixeira, Pandereteiras Cordenaia, Pandereteiras S.C.R. Ledicia, Desiderio, Nela e Modesto, Acordeonistas da Mariña, Saiñas Xove, A.C. Amado Lar, Espera que vou mexar, Os do Vinteun, Batuko Tabanka, Coral Polifónica de Burela, A.C.M. Dámbara, O Xogaral, ACM Arume Burela, Sociedade Cultural Recreativa LEDICIA, O Feitizo, A Rebolaxe, Fol do Raxal, Gaiteiros Brisas del Navia e a Escola Municipal de Música de Burela.
Ademáis de moita música haberá comida ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas. O menú será sopa de cocido, xamón cocido, chourizos, patacas e repolo, viño do...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima de Foz entre o 26 e o 28 de novembro coa participación de catro significados poetas do panorama literario galego.
O programa desta edición é o que sigue:
Eduardo Estevez e Tamara Andrés. Martes 26 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Estibaliz Espinosa.Mércores 27 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Manuel Darriba. Xoves 28 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Mañá, 8 de novembro, celebrarase a V Festa da Castaña organizada pola Concellería de Cultura e a asociación Asadores de Burela. A cita terá lugar na praza de abastos a partir das 19:00 horas.
O edil José Díaz explicou que “aínda que estaba previsto que a festa tivese lugar na praza da Mariña, debido á previsión de mal tempo que dan para mañá trasladamos a celebración á praza de abastos”.
O programa dará comezo ás 17:00 horas cun obradoiro de confección de zonchos (colares de castañas) que se celebrará ata as 20:00 horas. A actividade estará dirixida para os máis pequenos e pequenas por monitoras do Centro Medioambiental Gaia.
Ás 19:00 horas comezará o reparto dos cornetes de castañas acompañadas de viño e bolos preñaos, ao prezo de 2 euros. A festa estará amenizada no apartado musical...
leer másA Concellería de Dinamización e Participación Veciñal de Barreiros organiza unha festa infantil de Samaín que se celebrará o 31 de outubro nas Escolas ao lado do Concello de Barreiros.
A festa está dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (nados entre os anos 2008 e 2016). A inscrición pode facerse na Biblioteca Municipal e Oficinas Xerais do Concello ata o luns 28 de outubro.
A festa desenvolverase entre as 10:00 e as 13:30 horas e celebraranse obradoiros de cabazas, manualidades, lectura de contos de Samaín, decoración da Casa do Concello e degustación de comida terrorífica para os participantes, cortesía da Asociación de Hostelería de Barreiros.
A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a vindeira fin de semana.
A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra “Emperadores”.
Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo do “Dúo Merengue” e a orquestra “Emperadores”.
Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do grupo “Fusión”.
A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na...
leer másA asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.
Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.
A XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego, celebrarase dos días 4 ao 6 de outubro.
O venres 4 ás 19:00 horas na sala de exposicións terá lugar a inauguración do stand do Concello de Ponteceso, invitado nesta edición. Ás 19:30 horas actuará o grupo Clave de Fado; e ás 20:30 horas no Centro de Interpretación da Faba, dará comezo a cata comentada de viño que correrá a cargo da adega Regina Viarum, de Sober (D.O. Ribeira Sacra).
O sábado 5 ás 11:00 horas procederase á apertura da XXIX Festa da Faba. As casetas de fabeiros estarán instaladas na praza Conde Santo, a demostración e exposición de artesáns situaranse nas prazas e rúas da vila, e a exposición dos traballos do II Concurso Artístico Infantil estará no acceso á sala de exposicións. Ademais haberá feira exposición de...
leer másO Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.
A rexedora municipal explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11:00 a 15:00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”.
Rocío López anunciou...
leer másEste venres, 20 de setembro, celébrase a II edición da Festa do Chicharro en Celeiro.
Ás 19:00 horas haberá partido de solteiros contra casados.
Ás 20:00 horas dará comezo a chicharrada polos bares colaboradores. Cada establecemento elaborará unha ración de chicharro ao seu estilo, ao prezo de 2 euros cada ración.
A organización porá a venda vales para o sorteo dun xamón.
A xornada estará amenizada polo grupo de gaitas Foles de Viveiro.