A primeira fin de semana de xuño celébrase na Ponte de Arante (Ribadeo) a Festa das Cruces, de Interese Turístico Galego.
O sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar a conferencia titulada A conflitiva construción do santuario da Ponte fai 500 anos, un litixio local resolto en Roma. Correrá a cargo de Alberto Paraje Méndez, arquitecto técnico e secretario da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, e rematará o acto coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
O domingo, 4 de xuño, ás 12:00 horas celebrarase a bendición dos campos, procesión, bandeo do pendón e reverencia das Cruces. Estará amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar e de seguido terá lugar a misa solemne. Ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú e ás 15:00 horas dará comezo a III Comida Romaxe das Cruces. As reservas pódense facer nos números de teléfono 636 87 49 51 e 639 93 35 12. Os prezo para os adultos é de 30 euros e para os nen@s, de 4 a 12 anos, 15€. Ás 18:00 horas desenvolverase a representación da batalla polo Bruxo Queiman e Andrea Pousa e de seguido haberá concerto de Treixadura.
O evento está organizado pola Comisión de Festas de As Cruces de Arante coa colaboración do Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.