A praza do Concello de Trabada acollerá a cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada o día 7 de maio, domingo, a partir das 12:00 horas.
Ademais de degustación da enfariñada, haberá mercado de produtos locais de proximidade e as actuacións musicais de Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e Luar na Lubre.
“Unha proposta gastrocultural que, abofé, hai que subliñar no calendario”, din os organizadores do evento, que promove o Concello de Trabada coa colaboración da Deputación de Lugo.