En Xove o 20 de maio, sábado, celebrarase a Festa das Flores Fillas de María, que organizan o Concello de Xove e a Asociación de Festejos Montevelle.
O programa de actividades empezará ás 10:00 horas coa apertura do mercado tradicional. ÁS 11:30 horas haberá pasarrúas coa A.C. Saíñas e a charanga NBA, ademais de demostracións de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas terá lugar a misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú amenizada polo grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, que comezará ás 22:00 horas, xunto coa discoteca móbil Conxuro.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá inchables, Láser combat, actuación do mago Kiko Carrolo e da percusión africana Paz and Thorsten, ademais dun obradoiro de cerámica.