O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Lóxicamente, dende o Concello o que pretendemos con este Concurso é potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Normalmente os traballos que participaban neste concurso recollíanse na Biblioteca Municipal e cos mesmos facíase unha exposición. Dado que nestes intres a Biblioteca, por causa do Covid-19, está pechada, os traballos que participen no concurso hai que entregalos no Departamento de Cultura, concretamente no despacho do técnico municipal de cultura na 5ª planta do Concello, en horario de oficina, de 7:45 a 15:15 horas. O prazo para presentar traballos remata o xoves 25 de febreiro.