Adiccións

Etiquetas:
11/11/2019

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de adicción ás novas tecnoloxías, que se celebrará o vindeiro venres, día 15 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas.

A actividade, que se desenvolverá no centro sociocultural de Alfoz, está dirixida ás familias e á poboación en xeral e será impartido por José Luis Castro Feijoo, psicólogo sanitario.

O programa abordará as situacións de risco e sinais de alarma, os factores implicados na adicción ás novas tecnoloxías, a diferenciación entre o uso e as adiccións ás novas tecnoloxías, os hábitos de sono e consumo de substancias así como as pautas para a prevención na familia.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982 558 001.