A delegación de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.
A actividade dará comezo o día 4 de outubro e desenvolverase ata o 29 de maio de 2020, de luns a venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas. Terá lugar no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 30 de setembro. As prazas son limitadas.