Cervo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, deseñou un nova edición do programa Xuventude no Nadal, dirixido aos mozos e mozas de entre 12 e 25 anos.
A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, achegouse ata o IES Marqués de Sargadelos para presentarlles as actividades aos rapaces, que se desenvolverán os días 26, 27, 28 e 29 de decembro,
En concreto, o martes 26 de decembro, a partir das 17:00 horas, no Pavillón da Veiga, haberá volei 3x3, baloncesto 3x3 e fútbol 3x3; ademais de pádel e ultimate; que é un deporte de equipo que se xoga con frisbee.
O mércores 27 de decembro, tamén a partir das 17:00 horas, no Pavillón da Veiga, os rapaces poden practicar sumo e loita, divertirse no rocódromo, na pista americana, nos karts a pedais, na barredora, no toro ou coa zorb ball....
leer másIntensa axenda de actividades culturais para todos os públicos en Cervo ata o vindeiro 7 de xaneiro.
O sábado, 23 de decembro, celebrarase a Gala de Nadal no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:00 horas. Haberá actuacións de corais, música tradicional e baile galego a cargo de grupos do concello. Ese mesmo sábado no local social de Trasbar terá lugar a visita de Papa Noel a partires das 16:30 horas, e na Casa do Mar de San Ciprián estará a contacontos Raquel Queizás ás 17:00 horas.
O domingo 24, no Ecomuseo de Cervo a partires das 16:00 horas, haberá unha actuación infantil. Do martes 26 ao xoves 28 desenvolverase Enredos de Nadal na Casa do Mar de San Ciprián e na Praza do Souto, entre as 11:00 e as 12:30 horas, e as 12:30 e as 14:00 horas. Ademais haberá actividades para a xuventude no pavillón da Veiga en San Ciprián ás 17:00 horas.
O martes 26, proxectarase a película infantil Ballerina, ás 19:30...
leer másO Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que se comezaron a repartir no día de hoxe.
Tal e como explicou o rexedor “trátase dun manual que xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e que cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días reseñables que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de...
leer másO Concello de Cervo vén de presentar, xunto as diferentes asociacións do municipio que organizan e colaboran nos diferentes actos, o programa de Nadal deste ano.
Este mesmo domingo, 10 de decembro, terá lugar no Pavillón de Cervo, o Mercado Solidario, organizado pola Asociación Airiños do Xunto, coa colaboración do Concello de Cervo. Será a partir das 12:00 horas. Aquelas persoas que o desexen poderán doar xogueste novos ou facer a súa aportación nas huchas que estarán á súa diposición.
Xa o sábado 16 de decembro, terá lugar a III Canastra Solidaria, que foi presentada en días pasados. Esa tarde, no Pavillón da Veiga, disputaranse diferentes partidos de baloncesto e haberá actividades e sorpresas para os máis pequenos. Ata esa data, recóllense alimentos no supermercado Familia, e xoguetes novos na Casa da Cultura...
leer másO Concello de Cervo programa varias sesións de cine na Casa da Cultura. Comezarán o xoves, 7 de decembro, ás 19:30 horas, coa película infantil Coraline. Este film foi gañador dos premios Annie á mellor música, deseño de personaxes e deseño de produción. Recibiu ademais nominacións aos Oscar e aos Globos de Ouro como Mellor Película Animada.
O sábado, día 9, proxectarase tamén ás 19:30 horas, a película xuvenil La Famille Bélier que recibiu seis nominacións aos Premios César, gañando o César á mellor actriz revelación Louane Emera.
O día 26 proxectarase Ballerina, e o 3 de xaneiro Paddington, ambas dirixidas ao público infantil.
O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o sábado 16 de decembro a III Canastra Solidaria.
A cita, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, e a representante do Club organizador, María Mota.
Dende hoxe mesmo pódense entregar xoguetes novos que se recollen na Casa da Cultura de San Ciprián, e tamén alimentos no supermercado Familia; que o mesmo día da actividade serán doados á Cruz Roja Española.
A programación comprende xogos infantís e máis sorpresas para ese día 16 de decembro, no que se desputarán dous encontros de baloncesto. O primeiro deles será a partir das 16:00 horas e será un partido de 2ª división...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio.
Nesta ocasión, as datas escollidas para desenvolver a actividade dirixida aos pequenos de entre 3 e 12 anos, son o sábado 2 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián; e o domingo 3 de decembro, á mesma hora, en Cervo, na Casa do Concello.
Os nenos interesados en participar nesta iniciativa enmarcada na programación do Nadal poden anotarse na Casa do Concello, na Casa da Cultura, ou chamando ao teléfono 982.879.116.
Os Beléns de plastilina permanecerán expostos ao público durante todo o Nadal.
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar de Cervo anuncia as súas actividades para o mes de decembro que iniciará o domingo 3, cunha reunión ás 11:30 horas no local social para tratar o irmanamento coa asociación de veciños Nostra Señora de Lieiro que terá lugar o 16 de decembro.
O venres 8, a partir das 18:00 horas, os socios adornarán o local social de cara ao Nadal.
O domingo 10, remata o prazo para anotarse ao acto de irmanamento con Nostra Señora de Lieiro que se celebrará o sábado 16 a partir das 14:00 horas.
O domingo 17, terá lugar a recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O sábado 23, a partir das 16:30 horas, recibirán no local social a visita de Papa Noel e haberá unha merenda para os máis pequenos.
O...
leer másO vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo unha nova edición do obradoiro de teatro infantil que organiza o Concello de Cervo cada ano, a través da delegación de Cultura.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos, que serán os que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.
O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 29 de novembro.
A actividade será cada venres no Auditorio da Casa da Cultura, no horario que se determinará en función das inscricións. O xoves, 30 de novembro, informarase aos anotados por vía telefónica.
O obradoiro será impartido de novo pola edil de Cultura, que “destaca o gran éxito que está a ter ano tras ano esta iniciativa, tendo en conta...
leer más