A asociación cervense de Airiños do Xunco organiza unha Semana Cultural na Praza do Souto de Cervo para todos os veciños e visitantes que se queiranachegarao lugar.
As actividades comezaron este luns con debuxo infantil para os máis pequenos. Este martes 21 haberá hinchables, o mércores 22 xogos populares, o xoves 23 festa da auga e o venres 24 rematará a programación co concurso Master Chef Cervo.
Para inscribirse no concurso de Master Chef hai que faceloao longo da semana ben no número 600968344 ou ben nas propias actividades.