Cervo
A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo.
A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.
A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.
Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de...
leer másA parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido o domingo 3 de marzo; pero xa o sábado 2, como antesala do Gran Desfile, terá lugar o tradicional Play Back Infantil, ás 18:30 horas, no salón de actos do Concello.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.
Os participantes deberán concentrarse o domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas, no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.
... leer másA ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o 24 de febreiro o Día de Rosalía cunha presentación de libros.
O vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas no Caseto de Copa, en Cervo, a escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súas obras: O misterio de Portomarín, Senlleiras e A Reconquista. Xunto a autora estarán Ramón González Rei, coordinador do Xornal da Mariña; e Iria Fernández Moscoso, colaboradora de ACR Fervenza de Sargadelos.
Esta asociación anima a todas as persoas a participar, como peche da xornada, na lectura pública e participativa do Manifesto feito pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar este día.
O Concello de Cervo, conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ofrecendo á veciñanza e aos visitantes a oportunidade de gozar dun gran concerto, con entrada libre.
Nesta ocasión, a coñecida artista galega que fora vocalista do grupo Luar na Lubre, Rosa Cedrón, será a encargada de facerlle unha especial homenaxe á escritora, “unha das miñas grandes paixóns que sempre está moi presente nos meus concertos”, tal e como ela mesma confesa.
A actuación, con entrada libre e programada pola delegación de Cultura, será o venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
Rosa Cedrón, acompañada por un pianista, poñerá voz a coñecidos poemas da escritora como “Negro Caravel” –tema recentemente interpretado pola galega Sabela en Operación...
leer másO Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co VI certame de amor na rede. Nesta ocasión a delegación de Xuventude convoca o concurso “Unha dedicatoria de amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.
Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…; ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.
As persoas participantes deberán entregar unha historia escrita que non supere o espazo dun folio DIN-A4.
As dedicatorias recóllense na Casa do Concello, en Cervo, e na Casa da...
leer másDende este venres, 1 de febreiro, e ata o domingo 3 celébranse as Festas da Candelaria en Rúa, Cervo.
O venres, día 1, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras La Bamba e Esencia.
O sábado 2 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e sesión vermú coa orquestra Panamá. A partir das 22:00 horas, haberá verbena con Panamá e Disco Móvil Havana. Ademais terá lugar a actuación estelar de Pili Pampín.
O domingo 3 ás 13:30 horas será a misa cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e a sesión vermú co grupo Tribal. O recinto contará con carpa.
Organiza estes festexos a comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidad de Montes Veciñais.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos e a AC Airiños do Xunto anuncian que, un ano máis, organizan a V edición da Foliada de Cervo e a XIII Festa de Degustación da Carne de Porco, que se celebrarán na praza do Souto, en Cervo, o 11 de maio.
Ademais comunican que todo aquel grupo que desexe participar debe inscribirse en: https://goo.gl/forms/X4QCbp3ZgG8ia9F93.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos informará de todas as novidades do evento a través da súa páxina www.facebook.com/romeriadesargadelos ou da foliada.
Aquelas persoas que queiran poñer un posto de gastronomía, artesanía, cosmética, ecoloxía… no mercadiño poden contactar coa organización.
O Concello de Cervo conmemora o Día Mundial da Educación Ambiental coa difusión de microvídeos nas redes sociais municipais co obxectivo de contribuír a fomentar as boas prácticas entre a veciñanza.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medioambiente, Mali Méndez, presentaron a iniciativa esta mañá, coa Fervenza de Sargadelos como escenario de fondo.
As publicacións comezaranse a difundir mañá martes no twitter e no facebook do Concello, de tal xeito que se publicará un vídeo cada día, ata o sábado 26 de xaneiro, data na que se celebra a efeméride.
Os espazos estarán protagonizados por diferentes temáticas relacionadas co respecto ambiental como a compostaxe doméstica (a día de hoxe 200 familias do municipio dispoñen dun recipiente no seu fogar que distribúe o Concello de balde a...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese...
leer más