Cervo
O Concello de Cervo mellorará nos vindeiros días a área de autocaravanas da Veiga tan frecuentada nos meses de verán.
Así o anunciou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que acompañado pola edil de Turismo, Manuela Méndez, estivo visitando a zona sobre a que imos actuar nos vindeiros días co fin de regular o estacionamento, “o que permitirá ás persoas usuarias gañar en comodidade durante a súa estancia, ao tempo que ordenamos o tránsito nesta zona”.
Villares puxo en valor este espazo que é a día de hoxe un puntal importantísimo do turismo no noso Concello, tendo en conta que a ocupación rolda o 100% moitos días de verán; polo que “traballamos para conseguir unha contorna que sexa confortable para as persoas que nos visiten; tendo en conta tamén os beneficios que reporta esta modalidade vacacional, tan en...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido.
A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, será o 22, 23 e 24 de xuño.
A programación comezará o venres, 22, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Alma Latina e da Orquestra Palladium.
O sábado, 23 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 14:00 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.
Haberá unha gran lumeirada de San Xoán e...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura e Educación, presentaron o Programa de Conciliación deseñado para os meses de verán.
Aos xa consolidados Enredos de Verán –que na pasada edición contaron con máis de 100 nenos inscritos-, e á iniciativa Repasando en Verán, este ano súmase ás actividades estivais o programa específico Cervo Concilia, que, tal e como explicou o rexedor “componse dunha completa axenda de actividades de verán adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, co que pretendemos brindarlles ás familias unha ferramenta que lles axude a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e das súas pequenas”.
O cursos levarase a cabo os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, conxuntamente coa Autoescola Mundial, que dirixe Pepe Soto, e que, recentemente vén de cambiar a súa ubicación para instalarse na Avenida da Mariña, en San Ciprián, ofrecerá ao conxunto da veciñanza, o vindeiro luns, 11 de xuño, unha xornada de concienciación e seguridade vial.
A actividade, que terá como eixo central un simulador de envorco, comezarán no IES Marqués de Sargadelos. Alí, os rapaces, pola mañá e en horario escolar, poderán experimentar o que se sinte en caso de accidente co fin de "sensibilizalos da importancia de usar o cinto de seguridade e facelo de xeito correcto", apuntou Soto.
Xa pola tarde, o simulador estará instalado a disposición de toda a veciñanza no aparcadoiro do estanco, na Avenida da Mariña, desde as 15:30 horas.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán da parroquia de Rúa, dan man da súa Asociación de Veciños.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os representantes da asociación Miguel Balseiro e Pilar Rivas, presentaron o evento que se celebrará o sábado, 23 de xuño, desde as 20:00 horas no campo da festa, no recinto da escola de Rúa.
Servirán racións de churrasco, chourizo e torresmos de balde para os socios, e por un prezo de 6 euros para os non socios. Os tickets poñeranse á venda no propio recinto ás 19:00 horas.
A festa estará amenizada polo grupo Diamantes, e desde a asociación apuntaron que tamén se elaborarán caipiriñas.
O Concello de Cervo lembra a obriga de solicitar o permiso para as fogueiras da noite de San Xoán. O prazo para facelo remata o vindeiro 21 de xuño.
Deste xeito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que “é obrigatorio solicitar autorización para poder facer unha fogueira e para iso, unha das persoas da organización, maior de idade deberá facerse responsable da mesma, achegando datos de contacto, como o nome e o teléfono, así como o lugar exacto no que se vai facer o lume; para que en todo momento dende o Concello as poidamos ter localizadas para dar resposta inmediata no caso de que se produza algunha incidencia”.
As solicitudes deber presentarse na Casa do Concello ou na Casa da Cultura; e sen este permiso queda completamente prohibido facer lume.
Villares recordou que o...
leer másO Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.
Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”.
O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer...
leer másO Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico de Sargadelos acollerá a súa primeira actividade o vindeiro sábado, 9 de xuño.
Trátase dunha xornada práctica que se vai desenvolver nas instalacións que foron adxudicadas semanas atrás á entidade Cabaliño de Pao. Espazo Natural, creada por un grupo de mozos amantes do mundo equino.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Emprego, Manuela Méndez, mantiveron un encontro cun dos responsables de Cabaliño de Pao, Raúl Fraga, coa directora de Aspanane, Elena Santos e cola Psicóloga desta entidade, Alicia Lage, para perfilar o evento.
En concreto neste recinto, que están rematando xa de adecuar para a realización de actividades de lecer con cabalos para toda clase de público e para a aplicación de distintas disciplinas de...
leer más