Rutas Saudables

30/09/2024

Este venres, día 4 de outubro, empezan as Rutas Saudables en Viveiro organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo.

O Concello de Viveiro anuncia que “esta actividade terá lugar de xeito gratuíto todos os venres de outubro ás 11:00, con saída dende a Praza Maior da localidade. O seu obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia de facer exercicio físico e levar hábitos saudables para previr o cancro. Polo tanto, é unha actividade dirixida a toda a poboación”.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece á AECC “o seu inestimable labor tanto axudando ás persoas con cancro como promovendo un estilo de vida saudable entre todas as persoas con iniciativas coma esta”.

As inscricións na mesma poderán ser realizadas chamando ao número de teléfono 639.262.312...

leer más