Os días 15 e 16 de setembro celébrase a Romaría de Santa Eufemia no Burgo de Trasbar, en Cervo.

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza o 15 e o 16 de setembro a Romaría de Santa Eufemia.

O día 15 ás 8:00 horas comezará a confección da alfombra floral a carón da capela. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme e San Antonio cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores. Ás 22:30 horas terá lugar a gran verbena amenizada pola orquestra Emperadores e o Dúo Epo-K.

O día 16 ás 13:30 horas será a misa solemne na honra a Santa Eufemia, cantada polo Coro de Cervo. Seguidamente haberá sesión vermú co Dúo Epo-K.

O Concello de Cervo colabora na organización destes festexos.