Cervo
A delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada. Trátase dun concurso de Espantallos, que terá lugar o vindeiro martes, 16 de abril, no campo de fútbol de Río Cobo, a partir das 17:00 horas.
Os participantes, de entre 6 e 14 anos, poderán traer todo tipo de roupa e recoméndase empregar materiais de refugallo na creación do espantallo.
Pola súa banda, o Concello aportará o pau, os guantes e diferente material para confeccionar o boneco.
As temáticas serán libres, e premiarase a orixinalidade e o esforzo creativo na elaboración dos mesmo.
Haberá premios para os mellores espantallos:
1º premio: 100 euros para gastar nos establecementos do Concello
2º premio: 50 euros para gastar nos establecementos do...
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa da Semana Santa do municipio.
Unha axenda que se inaugurará este mesmo domingo, 14 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura, co espectáculo de narración oral de Carmen Conde “Tabú”, que nace froito das conversas recollidas con mulleres galegas de entre 70 e 95 anos.
O Venres Santo, 19 de abril, o actor galego Pepo Suevos traerá un dos seus monólogos ao auditorio de San Ciprián, será as 19:30 horas.
Xa o sábado, 20 de abril, haberá un gran tributo a Joaquín Sabina, será ás 20:00 horas, tamén no auditorio da Casa da Cultura.
O domingo 21 será a asociación de veciños do Burgo de Trasbar a que celebrará a Festa de Pascua que terá lugar na chaira do local...
leer másO vindeiro 11 de maio a ACR Fervenza de Sargadelos organiza a quinta edición da Foliada de Cervo. Durante toda a xornada haberá diversas actividades relacionadas coa tradición galega como, por exemplo, obradoiros.
Ás 11: 30 horas dará inicio o de regueifa que será impartido polá bergantiñá Lupe Blanco e o burelés Manolo Maseda. Estes dous repentistas achegarannos ao mundo da improvisación oral en verso e nel traballaranse técnicas como a rima, a métrica, a estrofa, a melodía, os recursos léxicos... que caracterizan este xénero galego.
Xa pola tarde terán lugar dous obradoiros simultáneos ás 16:30 horas canto e pandeireta para a xente miúda e baile tradicional para todo o público. Os obradoiros son gratuítos. As inscricións están abertas até o 4 de maio e poden realizarse en...
leer másO Concello de Cervo celebrará a XXXVI edición do Día do Xubilado o 1 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI da persoa solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).
O Concello de Cervo, Paco Piñeiro e a A.C. Airiños do Xunco, convidan a asistir este domingo, 7 de abril, ao acto de inauguración da mostra fotográfica “Cervo na Memoria”, ás 19:00 horas, nas Escolas Vellas de Cervo.
O acto foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, o presidente da A.C. Airiños do Xunco, Rafael Blas, e polo profesor Paco Piñeiro, autor da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, e quen custodia a colección fotográfica; a quen lle temos que agradecer enormemente desde o Concello -precisou Villares- “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que comparte sempre xenerosamente con todos nós”.
Tal e como explicaron, o edificio centenario, cedido...
leer másO Concello de Cervo conmemorará o Día Mundial Forestal o vindeiro xoves, 21 de marzo, con diferentes actividades.
Pola mañá, a Delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, achegará ao alumnado dos centros escolares da localidade o espectáculo musical "O galo quirico e os seus amigos", unha posta en escena con marionetas tradicionais e teatriño de cartón que busca interactuar co público, con música en directo do acordeonista Carlos Quintá.
Xa para pola tarde, e en colaboración coas Concellerías de Xuventude (oficina municipal de voluntariado) e Servizos Sociais, programouse unha actividade de voluntariado que se desenvolverá no Centro de Día Residencia, e que consistirá nunha plantación de árbores na zona axardinada do centro na que participarán tamén as persoas usuarias do servizo.
... leer másCervo acollerá un curso nacional de Aikijujutsu Kobukai, que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo no pavillón do CEIP Península da Paz. Está organizado polo delegado técnico de Galicia deste departamento, Miguel Ángel Rojo, coa colaboración do Concello de Cervo.
O curso será impartido por Jan Janssens, 8º Kyoshi Aikijujutsu Kobukai, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki.
Os horarios serán os seguintes:
- Venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ao finalizar a sesión haberá exames de Cinto Negro.
- Sábado, de 10:30 a 13:30 horas, e de 16:30 a 19:30 horas
- Domingo, de 10:30 a 13:00 horas.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.
O domingo, 10 de marzo, a ruta de Enduro Medela cumprirá unha década de vida.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a piscina municipal de Lieiro, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.
A proba, de dificultade media-alta, será de 29 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado.
Villares e Soto quixeron agradecerlles unha vez máis aos rapaces do Club Medela o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu...
leer másO Concello de Cervo organiza un curso de iniciación á fotografía e vídeo dixital que se desenvolverá desde o 9 de marzo ata o 27 de abril.
A actividade, impartida por Julio Noche, terá lugar todos os sábados, en horario de 17:30 a 20:30 horas e está dirixida a maiores de 12 anos, cun máximo de 15 persoas.
As inscricións poden facerse vía whatsapp no 691 656 600, na Casa da Cultura ou en dinamización@concellodecervo.com.
Para asistir será necesario: cámara de móbil con controis manuais ou cámara dixital e ordenador os días 23 de marzo e 15 de abril con Adobe Photoshop e Adobe Premier.